Novas
Por un tren de proximidade para a área urbana da Coruña
24/xan./2022
O Bloque Nacionalista Galego continúa a súa campaña para reclamar unha mellora nas conexións internas da Galiza e rexistra iniciativas no Congreso para implantar o servizo ferroviario de proximidade na Coruña e a súa contorna, incluíndo as conexións con Ferrol e Santiago. O deputado nacionalista Néstor Rego demanda modernizar as infraestruturas e reactivar os apeadoiros e tramos urbanos da vía que foron abandonados para dar cobertura aos principais núcleos de poboación.