Novas
Veira pide que o 1% do orzamento da Xunta combata a violencia machista e que se desenvolva a Ordenanza de Igualdade
06/nov./2023
A concelleira do BNG Avia Veira defenderá no Pleno do vindeiro xoves unha moción a través da cal o grupo municipal nacionalista procurará o apoio da Corporación ás mobilizacións feministas convocadas o 25 de novembro, Día Internacional para Eliminar a Violencia contra a Muller.
Cómpre que o Goberno Local teña en conta as queixas das persoas usuarias de Bicicoruña
03/nov./2023
Un ano e medio despois de se estrearen as novas estacións e as bicicletas eléctricas, convén que o Goberno Local faga unha avaliación do funcionamento de Bicicoruña, entende a concelleira do BNG Avia Veira, quen a ese respecto dirixirá unha pregunta oral ao Executivo coruñés no Pleno do vindeiro xoves 9N.
Nova iniciativa sobre o mal estado dun piñeiro na Rúa das Camelias
31/out./2023
O BNG xa levou ao Pleno de setembro o delicado estado no que se acha un piñeiro situado á altura do bloque número 24 da Rúa das Camelias, no Barrio das Flores.
Jorquera cualifica de "ficticios" os orzamentos da Xunta para A Coruña: "Venden fume e non dan resposta ás necesidades reais"
27/out./2023
O proxecto de orzamentos da Xunta para 2024 son “ficticios”, encobren “a súa falta de compromiso coa Coruña” e o Goberno galego utilízaos “para vender fume en vez de para atender as necesidades reais da cidade”.
Reparar as beirarrúas, respectar as árbores
26/out./2023
O concelleiro do BNG David Soto rexistrou un rogo escrito para instar o Goberno Local a que repare as beirarrúas da Rúa Illas Isargas, unha vía pública que une a Avenida de Novo Mesoiro coa estrada de Mesoiro.
Os Franco xa debían ter permitido as visitas á Casa Cornide desde maio de 2021: non o fixeron coa complicidade da Xunta
24/out./2023
Ante a definitiva confirmación da declaración da Casa Cornide como BIC -avanzada esta mañá pola axencia EFE, noticia que celebramos despois de levarmos o asunto ao Pleno en innumerábeis ocasións- o grupo municipal do BNG quere facer a seguinte avaliación.
No Día das Bibliotecas, manifestamos o noso orgullo pola rede coruñesa e pómoslle deberes ao Goberno Local
24/out./2023
No Día das Bibliotecas, a concelleira do BNG Mercedes Queixas insta o Goberno Local a que se avance dunha vez no estudo de unificación destes espazos de lectura co obxectivo de ter unha rede única e de xestión directa por parte do Concello.
Co seu proxecto de orzamentos para 2024, o Goberno galego volve demostrar que non toma A Coruña en serio
21/out./2023
O grupo municipal do BNG fai a seguinte avaliación de urxencia dos orzamentos da Xunta para 2024 en relación á nosa cidade, valoración que nos próximos días faremos máis polo miúdo.
Que se elimine a pintada machista de Alfonso Molina e se repare o acto vandálico contra o monólito de Rafael Bárez
19/out./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vén de rexistrar senllos rogos escritos para que se repare o acto vandálico cometido sobre o monólito erixido in memoriam de Rafael Bárez na confluencia da rúa que leva o seu nome coa Avenida da Concordia e para que se elimine unha pintada machista aparecida na Avenida Alfonso Molina.