O vídeo da Mariña reflicte a Coruña irreal soñada polo PP: A Coruña excluínte e enriquecida

O vídeo da Mariña reflicte a Coruña irreal soñada polo PP: A Coruña excluínte e enriquecida

A Coruña, 22 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG critica que o vídeo recentemente publicado polo Concello da Coruña e a Autoridade Portuaria sobre as obras do Parrote e da Mariña evidencian A Coruña irreal soñada polo Partido Popular: A Coruña do Parrote, excluínte e enriquecida, que é A Coruña das promotoras inmobiliarias, das concesionarias que vampirizan o público e o ben común en detrimento das necesidades dos barrios e das necesidades motivadas pola crise que vive a inmensa maioría do pobo.

Esta Coruña anhelada polo PP é antagónica á Coruña real, que é a cidade dos barrios, hoxe en día deteriorados debido ao máis absoluto desprezo do Goberno do Sr. Negreira. O esquecemento é tal que nesta peza audiovisual parte dos barrios aparecen substituídos por frondosas árbores que nada teñen a ver coa realidade (caso das Xubias, da parte baixa dos Castros, de parte de Eirís e dos Rosales ou de San Pedro de Visma).

Alén destas consideracións, as nacionalistas cualifican o Sr. Negreira como novo mestre do surrealismo ao crear un vídeo que falta tanto á realidade que até cambia a orientación do sol (no canto de poñerse polo Orzán, ponse polo Parrote) e converte Santa Cristina e Culleredo nunha especie de Serra do Xurés pola cantidade de árbores que tapan as edificacións e infraestruturas.

O vídeo da Mariña reflicte a Coruña irreal soñada polo PP: A Coruña excluínte e enriquecida