O BNG critica que o custe de licitación do aluguer das carrozas foi o máis alto dos últimos anos

O BNG critica que o custe de licitación do aluguer das carrozas foi o máis alto dos últimos anos

ConcelloA Coruña, 5 de xaneiro de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia que ao PP se lle foi a man á hora de licitar o aluguer das carrozas da cabalgata por un importe de 91.960 euros, un 40% máis caro que no ano pasado e un 160% maior que no anterior mandato. Á vista de que só a licitación do aluguer das carrozas ascende a 91.960 euros, o custe total da cabalgata sería aínda maior que os máis de 200.000 euros que valeu o pasado ano. Lonxe de aplicar os seus recortes en materia de servizos sociais, o PP non lle meteu a tesoira aos “reis magos” e organizou 800 metros de cabalgata, con 13 carrozas, 6 trens e 5 compañías de animación.

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a día 5 de xaneiro o perfil do contratante do Concello da Coruña aínda non recolle por canto se adxudicou o aluguer das carroza, xa que o concurso, tal e como reflicte a web www.coruna.es, seguiría en fase de licitación. O BNG xa advertira de que o PP tramitara de forma urxente o expediente do concurso para o aluguer das carrozas. Segundo este procedemento, o prazo de presentación de proposicións para optar a este procedemento negociado é de 8 días naturais contados a partir do siguinte ao da publicación do anuncio do procedimiento negociado na web municipal. Así, o Goberno do Sr. Negreira reduciu de 10 a 8 os días en que se podían presentar as propostas e, finalmente, só unha empresa se presentou ao concurso.

O BNG critica que o custe de licitación do aluguer das carrozas foi o máis alto dos últimos anos