O BNG apoia a veciñanza de Pepín Rivero que solicitou o cambio da liña 14 do bus urbano

O BNG apoia a veciñanza de Pepín Rivero que solicitou o cambio da liña 14 do bus urbano

AviaA Coruña, 4 de xaneiro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG traslada o seu apoio á trintena de veciños e veciñas da rúa Pepín Rivera que presentaron solicitudes no rexistro do Concello para a modificación do novo percorrido da liña 14 do autobús. No escrito presentado, a veciñanza e comerciantes desta rúa poñen de manifesto que o cambio da ruta deste bus “empeorou considerabelmente” o tráfico. Sinalan que “esta modificación en mada beneficia as persoas que vivimos ou temos comercios aquí” e que lles causa “graves problemas”. Só en Pepín Ribero, salientan, hai sete comercios, tres cafetarías e un supermercado e mais tres centros educativos (Uned, Escola de Idiomas e Conservatorio),

As máis de 30 persoas con vivendas ou negocios en Pepín Rivero denuncian nos escritos que no tempo que leva en vixencia a liña do bus “vimos sufrindo dificultades para carga e descarga”, “a presenza constante da patrulla da policía local para multar os vehículos para chamar o guindastre e a presión” e “presión sobre a clientela dos diferentes comercios, favorecendo a fuxida cara aos centros comercios en detrimento do comercio do barrio”.

O BNG critica que o Sr. Negreira aínda non rectificara a liña, despois de que Avia Veira llo solicitara a principios do mes

O 02.12.2013, a concelleira do BNG Avia Veira presentou unha batería de preguntas para a resposta escrita en que tamén insta o Goberno municipal a modificar o novo percorrido da liña 14 do bus urbano. Anteriormente, Avia Veira falara coa veciñanza desta rúa e mais con persoas propietarias de estabelecementos comerciais para coñecer os detalles deste cambio “ilóxico”. A nacionalista pon de manifesto que a modificación do percorrido na liña 14 responde a “un absoluto descoñecemento da vida da rúa Pepín Rivero por parte do Goberno do Sr. Negreira”.

A concelleira do BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira non consultase o comercio e a veciñanza antes de adoptar esa decisión e denuncia que lle presentou este cambio na liña á AVV Francisco Rodríguez Otero de Labañou como un feito consumado.

O BNG apoia a veciñanza de Pepín Rivero que solicitou o cambio da liña 14 do bus urbano