O PP vai modificar o PXOM en función dos caprichos dos promotores

O PP vai modificar o PXOM en función dos caprichos dos promotores

A Coruña, 3 de outubro de 2013.- En vista das declaracións que deu esta mañá o edil de Urbanismo acerca do Plan Xeral de Ordenación Municipal, queda de manifesto que o Goberno do Sr. Negreira non ten reparo ningún en recoñecerse como un mero administrador encargado de xestionar os asuntos urbanísticos dos grandes promotores da cidade, respondendo así aos seus intereses económicos.

O BNG advirte de que malia que o PXOM está feito a medida do que reclamaban os grandes promotores, agora resulta que o Plan Xeral non satisfai as necesidades destes. Por iso, o Goberno municipal ademais de interpretar con “flexibilidade” o Plan Xeral, modificarao pensando sempre nos intereses das promotoras, tal e como sinalou o propio Goberno do Sr. Negreira

Lembran as nacionalistas que o PXOM aprobado polo PP non só recolleu alegacións dos grandes promotores, senón que o Goberno municipal mesmo mellorou algunhas desas alegacións. Todas as alegacións de Inmobiliaria Costa Coruña (Manuel Soto) Construcciones Fontenla, de Invest Cos (Souto, Collazo e Jove), de Inverante (Manuel Jove) e de Anjoca (Ángel Jove) foron admitidas e melloradas polo PP, nunha demostración do seu altruísmo e da xenerosidade para os grandes. A mesma xenerosidade que tivo o Goberno municipal recentemente, co agasallo de 9 millóns a Jove a Collazo para a conexión do polígono de Vío coa Terceira rolda, entre outras moitas dádivas.

O PP vai modificar o PXOM en función dos caprichos dos promotores