O BNG urxe o Sr. Negreira a actuar para que @s praceir@s de Sta Lucía non pasen un día sen vender

O BNG urxe o Sr. Negreira a actuar para que @s praceir@s de Sta Lucía non pasen un día sen vender

sta luciaA Coruña, 26 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG faise eco das demandas dos praceiros e praceiras do mercado de Santa Lucía e urxe o Sr. Negreira e o seu Goberno a se implicar activamente para que estes poidan seguir a traballar no barrio durante e despois das obras de rehabilitación do mercado de Santa Lucía. Deste xeito, os praceiros e praceiras non deixarían de vender ningún día por causa das actuacións neste mercado, algo que as nacionalistas consideran primordial dado o número de persoas que dependen directa e indirectamente do seu traballo e da actividade comercial que garante no barrio.

Os praceiros e praceiras poñen de manifesto que ocupan, na actualidade, un total de 19 postos no mercado de Santa Lucía, uns postos que lle dan emprego a 28 persoas e dos que dependen directamente ao redor de 80 persoas. E isto, sen ter en conta o número de persoas que dependen de xeito indirecto do seu traballo, do que reivindican poder vivir. Así, o Grupo Municipal do BNG solicítalle ao alcalde que traballe para evitar as consecuencias negativas que padecerá co peche un gran número de persoas e mais o propio comercio do barrio.

As nacionalistas apoian a proposta dos praceiros e praceiras de pediren que mentres se acometan as obras no edificio do mercado de Santa Lucía se lles habilite outro lugar no que desenvolver a súa actividade comercial no propio barrio e avogan por que unha vez que rematen as obras poidan regresar aos seus postos de traballo.

 

O BNG urxe o Sr. Negreira a actuar para que @s praceir@s de Sta Lucía non pasen un día sen vender