Tombado un proceso de licitación dun contrato do Concello polas chapuzadas do Sr. Negreira

Tombado un proceso de licitación dun contrato do Concello polas chapuzadas do Sr. Negreira

A Coruña, 25 de setembro de 2014.- Por graves irregularidades, o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais acaba de tombar o proceso de licitación dun contrato relativo ao servizo de conserxaría e outros servizos de natureza polivalente para o funcionamento do Centro Cívico do Castrillón e Unidades de Atención Social de Catro Camiños e Monte Alto. E faino en resolución de 8 de setembro de 2014 (que se achega), declarándoo nulo e exixindo que se volva a pór en marcha un novo proceso de licitación. O Grupo Municipal do BNG sinala que as irregularidades advertidas polo Tribunal neste proceso de licitación (pouca concreción nos requirimentos do prego e a forma de valoración das proposicións) non son ailladas, dado que se dan en similares procedementos de contratación do Concello da Coruña. As nacionalistas tamén exixen que, dado que o propio Tribunal se sorprende das relacións directas de comunicación entre as empresas e os técnicos, o Goberno Local proceda xa á apertura inmediata dun expediente de investigación municipal (información reservada previa a, no seu caso, apertura de expediente disciplinario e, se proceder, derivación de reponsabilidade penal) para evitar este tipo de situacións.

Irregularidades nos requirimentos do prego: non é posíbel determinar cales son os criterios da memoria ou proposta técnica a valorar e exíxense aspectos na memoria que non son obxecto de valoración

O Tribunal encontra graves irregularidades nos apartados 18 e 22 dos pregos de cláusulas administrativas particulares, que é o que determina a declaración de nulidade dos mesmos, coas conseguintes consecuencias sobre a tramitación do procedemento licitación. Así, sinala que de acordo co apartado 22 do prego de cláusulas administrativas tres son os criterios a ter en conta para a adxudicación: oferta económica, número de horas complementarias de servizo sen custe adicional e proposta técnica. Pois ben, en relación con este último criterio, o Tribunal manifesta que non se concreta este criterio á hora de o definir, alén dunha vaga referencia á calidade técnica e aos métodos para garantir a calidade do servizo, razón pola que afirma que “esta imprecisión hace imposible a los licitadores formular adecuadamente, y en condiciones de igualdad, sus ofertas –por desconocer qué es lo que espera el Órgano de contratación-, como también impide que el examen de las ofertas pueda acometerse adecuadamente por el órgano encargado de la valoración y, en fin, que este Tribunal pueda llevar a cabo su función revisora, todo ello por no existir unha definición previa en los pliegos con la que comparar la evaluación llevada a cabo por efectivamente por el técnico competente, por la Mesa de contratación o, en última instancia, por el Órgano de contratación”.

Ademais, o Tribunal pon de manifesto, ademais, que á situación de inseguridade para os licitadores, xerada pola imprecisión do apartado 22, engádese a situación de confusión tendo en conta o contido que se exixe na Memoria consoante o apartado 18. E é que neste apartado se exixen múltiples aspectos que necesariamente deben expresarse na memoria ou proposta técnica como o prezo da hora extraordinaria e o horario concreto e detallado da prestación do servizo e que logo non son obxecto de valoración de dita memoria, ben porque se sinala así expresamente ou ben porque se deduce da súa natureza.

Irregularidades na forma como as proposición foron efectivamente valoradas

A resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais tamén alude ás irregularidades na forma de valorar as proposicións.

Literalmente chega a afirmar o seguinte: “ en el informe de valoración de 21 de marzo de 2014, al explicar el criterio seguido para puntuar las diferentes propuestas técnicas, se hace constar que se han considerado relevantes los tres aspectos que se recogen: los planes y sistemas de calidad, las acciones formativas específicas, y las inspecciones periódicas, estableciéndose así una categorización de los elementos evaluables no coincidente con las previsiones contenidas en el pliego, y que además no resulta suficientemente desarrollada, puesto que nada se indica sobre la ponderación relativa a cada uno de ellos, o los criterios considerados para la valoración de cada uno. Llama especialmente la atención la valoración del aspecto de la actividad formativa, al que no se hace alusión alguna en el Apartado 22 del PCAP, y que ni siquiera se incluye en el contenido preceptivo de la Memoria técnica, y que, sin embargo, se configura como un elemento con una transcendencia esencial a la hora de valorar las distintas proposiciones…”

Esta resolución do nomeado Tribunal debería facer pensar moito ao Goberno Local do Sr. Negreira de cara a licitacións posteriores de idénticas ou análogas características. E debería facelo porque estas irregularidades de inconcreción dos criterios de valoración do prego, así como na forma como as proposicións foron efectivamente valoradas, non son segundo o BNG algo aillado, senón que se dan en semellantes procedementos de contratación do concello.

O Goberno Local debería proceder á apertura inmediata dun expediente de investigación municipal dada a advertencia do Tribunal de relacións directas de comunicación entre as empresas e os técnicos

A xuízo do BNG, o Goberno Local igualmente debería proceder á apertura inmediata dun expediente de investigación municipal (información reservada previa a, no seu caso, apertura de expediente disciplinario e, se proceder, derivación de reponsabilidade penal) ante a advertencia que o propio Tribunal fai na súa resolución da relación directa de comunicación entre empresas e técnicos encargados de efectuar a proposta de valoración das proposicións, así como a actuación dos técnicos que a instancia dunha empresa procederon a efectuar unha revisión, reelaborando un informe xa entregado.

Concretamente, a resolución do Tribunal afirma: “Resulta altamente llamativo, por lo demás –y no podemos dejar de advertirlo- el hecho de que, según expresamente se recoge en el informe de 1 de abril de 2014, la detección del supuesto error en la valoración por parte de los técnicos se hiciera ante la manifestación de su “sorpresa por la puntuación recibida” por parte del personal de ITINERE, lo que apunta a una relación directa de comunicación entre la empresa concurrente a la licitación y los técnicos encargados de efectuar la propuesta de valoración de las proposiciones, hecho este que resulta, cuando menos atípico, como igualmente atípica parece la actuación de los técnicos –que no son sino asesores o colaboradores de la Mesa de contratación en el procedimiento de licitación- que, a instancia de una de las empresas concurrentes –y no a requerimiento de la propia Mesa de contratación, del Órgano de contratación o del Departamento o Servicio responsable de la contratación-, procedan a efectuar una cuidadosa revisión “de los cálculos realizados en todos los casos”, reelaborando un informe ya entregado a la Mesa, con el consiguiente resultado de la modificación de la empresa seleccionada en el procedimiento de licitación”.

Tombado un proceso de licitación dun contrato do Concello polas chapuzadas do Sr. Negreira