Na comparecencia de Lage, Jorquera insta a alcaldesa a que "pense en depurar as responsabilidades políticas"
11/abr./2024
Durante a comparecencia do concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, para dar conta de obras realizadas sen licenza nun inmóbel da súa propiedade, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, instou a alcaldesa a que asuma que “se actuou irregularmente” e a que “pense en depurar as responsabilidades políticas”.