O BNG esixe a reparación da pista polideportiva de San Xosé

O BNG esixe a reparación da pista polideportiva de San Xosé

A Coruña, 5 de xaneiro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG vén de solicitarlle ao Goberno do Sr. Negreira, a través dun rogo, o arranxo da pista polideportiva instalada ao pé do CEIP Sanxurxo de Carricarte. A pista, sinalan as nacionalistas nun rogo, é utilizada frecuentemente por crianzas do barrio, co consecuente perigo que implica.

O Bloque pide no rogo que o Concello da Coruña lle requira ao propietario da pista polideportiva de San Xosé o seu arranxo e acondicionamento.

O BNG esixe a reparación da pista polideportiva de San Xosé