MEMORIA HISTÓRICA

Seguiremos con franquistas nas nosas rúas

Rúa Diego Delicado, destacado militante franquista, no barrio dos Mallos
Rúa Diego Delicado, destacado militante franquista, no barrio dos Mallos

Instamos o Goberno municipal a deixarse de escusas e a retirar toda a simboloxía franquista que aínda queda na cidade da Coruña

Desde que en setembro de 2016, durante a quenda do escano cidadá, se relatou toda a simboloxía franquista que aínda quedaba por retirar na cidade da Coruña, o Goberno municipal non realizou ningunha actuación concreta e fía todo ao “asesoramento” da Comisión da Memoria Democrática

A respostas por escrito formuladas por nós, o Executivo argumenta que non iniciou ningunha actuación xa que “o obxectivo é que coa constitución do Consello da Memoria Democrática sexa este órgano consultivo o que asesore e avance neste proceso”

Tal e como se deu conta na reunión de Comisión de Honras e Distincións do 31 de outubro de 2016, precisamente onde se levou a debate a intervención do escano cidadá, «[sic] (...) de conformidade co disposto no artigo 8 do vixente Regulamento para a Concesión de Honras e Distincións, para a revogación de distincións, deberá instruírse un expediente motivado (...) e corresponderá á Alcaldía, non á Comisión (de Honras e Distincións)», quen ten que iniciar o proceso de retirada das nosas rúas do franquismo é o alcalde: non se pode argumentar que se está agardando a que unha Comisión had doc ratifique que existen rúas na nosa cidade dedicadas a asasinos e participantes do Golpe de Estado de 1936 e da ditadura posterior

Seguiremos con franquistas nas nosas rúas

Logo de recibir as respostas por escrito (premendo en cadansúa pode ver preguntas e respostas) a respecto de para cando tiña pensado retirarse a simboloxía franquista, instamos o Goberno municipal a deixarse de escusas e a retirar toda a simboloxía franquista que aínda queda na cidade da Coruña.

Cremos que simplemente se está a aprazar a actuación de xeito inxustificado xa que o Executivo argumenta que non iniciou ningunha actuación xa que “o obxectivo é que coa constitución do Consello da Memoria Democrática sexa este órgano consultivo o que asesore e avance neste proceso”.

En setembro de 2016, se fixo relato, no escano cidadá, de toda a simboloxía franquista, que a aquela altura, aínda quedaba por retirar na cidade da Coruña.

De feito dábase conta de que nas rúas, prazas e lugares da nosa cidade permanecían até 14 nomes que facían homenaxe a 11 distintas persoas cun activo papel no Golpe de Estado de 1936 e nos acontecementos posteriores que derivaron na Guerra Civil, así como na Ditadura franquista (avenida Calvo Sotelo, peirao Calvo Sotelo, peirao Almirante Vierna, avenida Salgado Torres, avenida Primo de Rivera, rúa Diego Delicado, rúa Cabo Ponte Anido, praza José Toubes, rúa Sergio Peñamaría del Llano, rúa Eduardo Ozorez Arraiz, rúa José Pérez Ardá e rúa Eduardo Sanjurjo de Carricarte), así como outras 2 rúas máis cun connotado significado no ideario franquista e fascista (rúa Disciplina e rúa Fuente Álamo).

Asemade, deuse traslado na Comisión de Honras e Distincións do 31 de outubro de 2016 desta intervención do escano cidadá, onde quedou moi definido a quen lle correspondía o inicio da apertura dos expedientes de revogación: ao alcalde.

Neste sentido, consideramos que o Goberno da Marea está empregando a escusa da constitución da Comisión da Memoria Democrática para non actuar de xeito inmediato, xa que, calquera “asesoramento” futuro desta comisión, en todo caso, engadiría novas actuacións, mais nunca ditaminaría eximir da revogación da distinción a calquera dos franquistas ou símbolos desta ideoloxía que seguen nas nosa rúas, que foron presentadas detalladamente na intervención do escano cidadá e que, posteriormente, se debateron na Comisión de Honras e Distincións.

Tal e como se deu conta na reunión de Comisión de Honras e Distincións do 31 de outubro de 2016, precisamente onde se levou a debate a intervención do escano cidadá, «[sic] (...) de conformidade co disposto no artigo 8 do vixente Regulamento para a Concesión de Honras e Distincións, para a revogación de distincións, deberá instruírse un expediente motivado (...) e corresponderá á Alcaldía, non á Comisión (de Honras e Distincións)», quen ten que iniciar o proceso de retirada das nosas rúas do franquismo é o alcalde: non se pode argumentar que se está agardando a que unha Comisión had doc ratifique que existen rúas na nosa cidade dedicadas a asasinos e participantes do Golpe de Estado de 1936 e da ditadura posterior.

 

A Coruña, 15 de marzo de 2018.