PLANO DE INCLUSIÓN SOCIAL

Acabaremos o mandato sen o Plano de Inclusión Social

Imaxe da rúa real cunha persoa do colectivo manteiro
Imaxe da rúa real cunha persoa do colectivo manteiro

Lamentamos que o Goberno municipal siga adiando a elaboración do Plan de Inclusión Social

Desde o comezo de mandato levamos reclamando a elaboración dun Plano de Inclusión, e o intento de onte de aprobar a través da Fundación de Emalcsa unha externalización por valor de 25.000 euros só evidencia a indiferenza do Executivo da Marea Atlántica a respecto da inclusión na cidade. Corresponde ao Goberno municipal a través da Área de Xustiza Social facelo, e seguiremos exixindo que se acometa canto antes

Consideramos inexplicábel isto: [sic] …Ben, por que non hai unha dotación orzamentaria dentro do noso proxecto para un plan de inclusión local? Porque non o imos externalizar, porque se vai facer directamente con persoal que temos traballando na Área de Xustiza Social e Coidados. E mire, se este goberno tivera previsto elaborar un plan de inclusión social de cara á galería, obviamente xa o teriamos feito, porque é ben sinxelo redactar estas medidas, unha diagnose e catro obxectivos nun papel, pero nós queremos facer as cousas ben, queremos facer as cousas con seriedade e con rigor e como vostede ben sabe, o proceso de elaboración dun plan de inclusión social require, en primeiro lugar, a elaboración dunha diagnose e nesas estamos, estamos traballando nesa diagnose (Extracto da acta do Pleno municipal celebrado o 11 de febreiro de 2016 coa intervención da concelleira de Xustiza Social Silvia Camean)

Preguntámonos por que non se elabora un convenio coa Universidade da Coruña para que elabore este Plano, tal e como se aprobou no modificativo de crédito M3/2017

Acabaremos o mandato sen o Plano de Inclusión Social

Lamentamos que o Goberno municipal sega adiando a elaboración dun Plano de Inclusión Social.

E é que despois de que o Executivo local tentara onte aprobar, a través do Padroado da Fundación Emalcsa, unha externalización para a elaboración dun estudo para o coñecemento da situación dos colectivos máis desfavorecidos na cidade, consideramos que novamente o Goberno local pretendía escapar da súa responsabilidade de elaborar este plan, e o que é peor, continuar co desamparo para cos colectivos e as persoas en situación de exclusión que hoxe en día existen na cidade.

Lembramos que unha das nosas principais propostas, desde a toma de posesión do Executivo, foi dotar ao concello dun Plano de Inclusión, sendo reiteras as veces as que temos levado a Pleno iniciativas a este respecto, polo que a proposta realizada onte polo Goberno municipal, e pretendendo deixar en mans dunha empresa privada, a través da Fundación Emalcsa, considerámola outra fuga cara adiante nun intento de eludir as responsabilidade de goberno, e amosando a súa nula capacidade de xestión.

Desde o comezo de mandato levamos reclamando a elaboración dun Plano de Inclusión, e o intento de onte de aprobar a través da Fundación de Emalcsa unha externalización por valor de 25.000 euros só evidencia a indiferenza do Executivo da Marea Atlántica a respecto da inclusión na cidade. Corresponde ao Goberno municipal a través da Área de Xustiza Social facelo, e seguiremos exixindo que se acometa canto antes.

De feito lembramos que foi a propia concelleira de Xustiza Social, Silvia Camean, ante unha pregunta para a súa resposta oral formulada no Pleno de febreiro de 2016, a que admitía que debía ser a propia Concellaría a quen debera elaborar o plan, chegando a dicir no Pleno [sic]  …Ben, por que non hai unha dotación orzamentaria dentro do noso proxecto para un plan de inclusión local? Porque non o imos externalizar, porque se vai facer directamente con persoal que temos traballando na Área de Xustiza Social e Coidados. E mire, se este goberno tivera previsto elaborar un plan de inclusión social de cara á galería, obviamente xa o teriamos feito, porque é ben sinxelo redactar estas medidas, unha diagnose e catro obxectivos nun papel, pero nós queremos facer as cousas ben, queremos facer as cousas con seriedade e con rigor e como vostede ben sabe, o proceso de elaboración dun plan de inclusión social require, en primeiro lugar, a elaboración dunha diagnose e nesas estamos, estamos traballando nesa diagnose. (Extracto da acta do Pleno municipal celebrado o 11 de febreiro de 2016).

Por último, tamén preguntámonos por que se emprega a vía da externalización e non se establece un convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para facer este Plano, tal e como se aprobou no M3/2017

Chámanos poderosisimamente a atención que non se establezan as liñas de colaboración oportunas coa Universidade para que este Plano puidera ser participado por esta. Lembramos que o ano pasado presentamos entre as nosas emendas aos orzamentos de 2017 a proposta de establecer este convenio, e que finalmente foi incluída a través do modificativo M3/2017, cunha partida de 30.000 euros; evidencia que non se pretende realizar de forma seria e rigorosa un análise sobre a situación dos colectivos e das persoas en risco de exclusión e máis desfavorecidas, e, por tanto, a proposta de adiar sine die a elaboración do Plan.

A Coruña, 5 de abril de 2018.

 

Artigos relacionados: