PLANO DE INCLUSIÓN SOCIAL

A Coruña precisa dun Plano de Inclusión sen máis demora

Persoa sen recursos durmindo na rúa diante dunha institución benéfica da cidade
Persoa sen recursos durmindo na rúa diante dunha institución benéfica da cidade

Entendemos que é urxente que o Concello da Coruña conte cun Plano de Inclusión Social despois xa de mais dun ano da implementación da renda social municipal

Presentamos hoxe unha batería de preguntas nas que demandamos do Executivo local un balance completo sobre as axudas concedidas así como de todas as actuacións complementares que se están a deseñar desde a concellaría de Xustiza Social e Coidados

A Coruña precisa dun Plano de Inclusión sen máis demora

O nosos Grupo Municipal presentou por rexistro esta mañá unha batería de preguntas (podes velas premendo aquí) a respecto da Renda Social Municipal, despois de máis dun ano desde a súa implementación.

Entendemos como urxente e prioritario que o Concello da Coruña conte cun Plano de Inclusión Social, fundamentado nunha análise da realidade social da cidade, alén da establecer medidas como a propia renda social, que consideramos debera ser consecuencia, precisamente, da aplicación dese plano.

Deste xeito, demandamos na iniciativa que se dea conta de cantas persoas son perceptoras da renda social a día de hoxe, cantas solicitudes se teñen recibido, denegado, os motivos principais polos cales se denega e cantas destas solicitudes foron excluídas porque as persoas solicitantes estivesen á espera de saber se lles fora concedida a RISGA.

Asemade, tamén queremos que desde a concellaría se faga balance do perfil sociolaboral das persoas perceptoras xa que logo demandamos que se aclaren cales son os mecanismos de inclusión social que se están a poñer en marcha e como se está a deseñar a inclusión laboral das persoas desempregadas que perciben a Renda Social Municipal.

Por último, insistimos en demandar do Executivo da Marea a elaboración dun Plan de Inclusión Social, preguntando se xa se ten elaborado. Pedimos aclaracións a respecto de se non se considera prioritario que a Concellaría de Xustiza Social e Coidados teña unha diagnose da situación social da cidade e ter unha análise de como está a funcionar a propia ordenanza da renda, un ano despois da súa posta en marcha, xa que logo cabe preguntámonos se é preciso revisar a Ordenanza reguladora da Renda Social Municipal.

A Coruña, 20 de novembro de 2017