Novas

"Con este Acordo orzamentario quen gaña é A Coruña"

A Coruña vai ter por fin orzamentos novos -os vixentes son os prorrogados de 2022- e vainos ter xa a partir de 1 de xaneiro de 2024, a primeira vez que tal cousa acontece desde 2015.

É o produto dunhas "negociacións intensas e laboriosas" que "felizmente deron froito", dixo o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, após asinar coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o Acordo Político que garantirá a aprobación das contas en tempo e forma.

Quen vai gañar con este Acordo é, sen dúbida, a nosa cidade, enfatizou Jorquera na súa intervención ante os medios.

"Con este Acordo orzamentario quen gaña é A Coruña"