Vídeo
Pleno Extraordinario
Novas
Perante a demagoxia fiscal do PP, propomos axudas á hostelaría após falar con representantes do sector
O BNG vai defender no Pleno extraordinario deste xoves 10D –convocado a pedimento do PP- que en 2021 o Concello exima totalmente os locais de hostalaría do pagamento de taxas durante o tempo que durasen os peches que puider haber a consecuencia da pandemia.
Novas
Abstémonos ante a maioría das ordenanzas fiscais pola falta de planificacion e a ausencia de diálogo coa oposición
O Goberno Local xestionou con “improvisación”, “falta de planificación” ,“atropelamento” e "ausencia de diálogo coa oposición" a tramitación das mudanzas nas ordenanzas fiscais, até o punto de os grupos municipais da oposición non teren acceso “a toda a documentación destes expedientes até onte a primeira hora da mañá”.
Novas
O Pleno aproba o Plan de Choque acordado polo BNG co resto de grupos municipais
O Pleno da Coruña aprobou este luns por unanimidade o Plan de Choque de medidas socio-económicas contra os efectos da pandemia da Covid-19 acordado polo BNG co resto de grupos municipais.
Novas
Jorquera pon ao descuberto no Pleno o duplo xogo do PP en función de se é goberno ou oposición
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, reprochou ao PP que practique o duplo xogo de aparecer como un partido reivindicativo dos intereses da Galiza e da Coruña cando é oposición en Madrid e, en troca, comportarse como unha formación submisa co Goberno do Estado cando o seu líder estatal mora no Palacio da Moncloa.
Novas
O BNG respalda o modificativo de crédito que dota de máis fondos á renda social
Jorquera critica que o goberno anterior non provisionase partidas suficientes nos orzamentos 2018 e que o executivo local actual demorase de máis en tramitar o modificativo