Novas
Francisco Jorquera
Novas
Jorquera cualifica de "ficticios" os orzamentos da Xunta para A Coruña: "Venden fume e non dan resposta ás necesidades reais"
27/out./2023
O proxecto de orzamentos da Xunta para 2024 son “ficticios”, encobren “a súa falta de compromiso coa Coruña” e o Goberno galego utilízaos “para vender fume en vez de para atender as necesidades reais da cidade”.
Novas
Que se elimine a pintada machista de Alfonso Molina e se repare o acto vandálico contra o monólito de Rafael Bárez
19/out./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vén de rexistrar senllos rogos escritos para que se repare o acto vandálico cometido sobre o monólito erixido in memoriam de Rafael Bárez na confluencia da rúa que leva o seu nome coa Avenida da Concordia e para que se elimine unha pintada machista aparecida na Avenida Alfonso Molina.
Novas
Coñece o Goberno Local a deterioración que sofren as instalacións do Complexo Deportivo de San Diego?
10/out./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, dirixe un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local para saber se é consciente da deterioración que sofren as instalacións do Complexo Deportivo de San Diego, “con graves déficits de mantemento que afectan múltiples elementos”, desde “teitos de vestiarios caídos” até máquinas de ximnasio “obsoletas”.
Novas
O Pleno do outubro aproba por unanimidade tres mocións do BNG
05/out./2023
O Pleno de outubro do Concello da Coruña aprobou por unanimidade tres mocións do BNG: as referidas á mellora das pensións para os profesionais da avogacía e a procuradoría, ao reforzo do servizo de recollida do lixo e á abordaxe dos problemas de mobilidade que sofren os miles de persoas que traballan no Polígono de Agrela.
Novas
É necesario o reforzo do servizo de limpeza, nomeadamente para acabar co amoreamento de voluminosos nas rúas
02/out./2023
Na Coruña existe unha insatisfacción moi xeneralizada co funcionamento do servizo de recollida de lixo, unha situación que leva o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, a formular unha moción ao respecto no Pleno deste xoves 5O.
Novas
Jorquera, ao termo da primeira reunión sobre os orzamentos-2024: "A disposición de ambos grupos é boa"
28/set./2023
"A disposición de ambos grupos para chegar a un acordo é boa”, afirmou, nun encontro cos medios, o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, ao termo da primeira reunión co Goberno Local sobre os orzamentos do Concello para 2024.
Novas
O Goberno Local debe actuar contra prácticas que privatizan a Casa Escariz, inmóbel cuxo titular lexítimo é o Concello
27/set./2023
A Casa Escariz é un inmóbel que lexitimamente pertence ao Concello da Coruña e o BNG ten apoiado a acción do Goberno Local para conseguir a súa plena restitución.
Novas
Jorquera, sobre os primeiros 100 días de mandato: "Percibimos falta de impulso por parte do Goberno Local"
25/set./2023
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, percibe “certa falta de impulso por parte do Goberno Local” como trazo característico dos primeiros 100 días do mandato 2023-2027.
Novas
Iniciativas no Concello, no Parlamento e no Congreso para as mariscadoras da Ría do Burgo continuar a recibir axudas
19/set./2023
As e os mariscadores reciben axudas -após se mobilizaren e após o BNG ter impulsado múltiples iniciativas- ao non poderen desenvolver a súa actividade profesional mentres se realizan os labores de dragaxe na Ría do Burgo.