Novas
Valoramos que as bibliotecas vaian ter por fin contrato, mais o obxectivo último continúa a ser a unificación da rede
Máis de dous anos despois de caducar o seu contrato (fíxoo o pasado día 23), as bibliotecas municipais regularizarán a súa situación, despois de a Xunta de Goberno Local se reunir hoxe con carácter urxente para licitar a xestión destas instalacións culturais, tal e como o executivo coruñés anunciou o pasado 14 de xaneiro en resposta a unha pregunta formulada pola nosa concelleira, Avia Veira.