O PP embarca o Concello no túnel da Mariña sen ter garantido o seu financiamento

O PP embarca o Concello no túnel da Mariña sen ter garantido o seu financiamento

A Coruña, 1 de xuño de 2013.- O Grupo Municipal do BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira embarque o Concello da Coruña no capricho do túnel da Mariña cando esta obra faraónica e carente de interese xeral non ten garantido o financiamento. Nesta liña, as nacionalistas opóñense a que sexa o Concello quen asuma o gasto que lles correspondería a outras Administracións, sinaladamente a Autoridade Portuaria, que ademais de ter substanciosos beneficios recibe agasallos por parte do Goberno municipal (como o financiamento do túnel do Parrote ou o millón de euros que perde o Concello derivados da conxelación do Imposto de Bens Inmobles).

Así, o Grupo Municipal do BNG reproba a previsión de gasto de 14.593.387,62 millóns de euros (6 millóns no 2014 e 8.593.387,62 no 2015) para costear o viario subterráneo da Mariña, previsión aprobada na Xunta de Goberno Local do pasado xoves, dentro do modificativo de crédito. As nacionalistas insisten en criticar que o Goberno do Sr. Negreira embarca o concello nunha obra excesiva cando non ten garantida a participación de financiamento doutras administracións, cando o este gasto lle correspondería as outras administracións e non debería correr por conta da cidade da Coruña.

As nacionalistas aluden ao silencio da Autoridade Portuaria sobre este viario e ao desinterese da Xunta de Galiza. Sinalan que das palabras do conselleiro de Infraestruturas, o Sr. Hernández, dedúcese o descoñecemento do Goberno galego en relación a esta obra e o escaso interese en financiala.

O PP embarca o Concello no túnel da Mariña sen ter garantido o seu financiamento