O BNG súmase á protesta da AVV dos Castros contra a contaminación

O BNG súmase á protesta da AVV dos Castros contra a contaminación

concentracionA Coruña, 29 outubro de 2014- O BNG da Coruña súmase á concentración convocada pola Asociación Veciñal de Oza-A Gaiteira-Os Castros contra a contaminación provocada polas descargas no porto interior, que terá lugar mañá, xoves, ás 20.30h, diante do edificio da Autoridade Portuaria. As nacionalistas, que denunciarán no Parlamento Europeo, a través da súa representante Ana Miranda, a problemática da contaminación nos Castros derivada das descargas de graneis no porto, advirten de que no pasado mes de setembro se rexistraron picos altísimos de partículas en suspensión PM10, que son as que provocan afeccións respiratorias e de alerxia á veciñanza.

O BNG, a través do seu grupo municipal, ten levado aos plenos da Corporación, en repetidas ocasións, a contaminación que sofren os e as habitantes dos Castros. Porén, o Goberno do Sr. Negreira teima en poñerse do lado da Autoridade Portuaria e en dárlles as costas aos veciños e veciñas, negándose a adoptar as medidas pertinentes que garantan a calidade do aire e que acaben cos problemas de saúde derivados das descargas no porto.

 

O BNG súmase á protesta da AVV dos Castros contra a contaminación