O BNG solicitará a través dunha moción o apoio do Concello á cultura do país e @s creadores [email protected]

O BNG solicitará a través dunha moción o apoio do Concello á cultura do país e @s creadores [email protected]

A Coruña, 4 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG levará a o Pleno ordinario de abril, que terá lugar o vindeiro luns, unha moción na que empraza o Goberno municipal a impulsar a cultura galega desde o Concello da Coruña. A edila do BNG, María Xosé Bravo, pon de manifesto que "ao claro proceso de desmantelamento" da cultura galega desde a chegada do Partido Popular á Xunta de Galiza do 2009 sumáronse os recortes brutais no apoio público ao sector". Refírese á desaparición do ACHEGARTE, á redución dramática nos espazos municipais de teatro galego, á desaparición as propostas das artistas galegas na rúa e á ausencia total de diálogo coas asociacións culturais e cos distintos sectores. De aí que denuncie o "menosprezo patente" do Goberno do Sr. Negreira aos nosos creadores e creadoras.

"A crise estálle sendo a coartada perfecta ao Partido Popular para levar adiante un programa de desmantelamento do noso sistema cultural, porque á dereita española non lle gusta a cultura galega", sinala Bravo, quen lembra as palabras da responsábel de Cultura na cidade, Ana Fernández, cando declarou sen rubor ante os medios que na Coruña "se hacía una cultura demasiado gallega".

A concelleira do BNG salienta que os sucesivos recortes PP fan que a cultura atravese un momento crítico, cunhas consecuencias que, advirte, son evidentes: paro, precariedade e emigración para os nosos creadores creadoras, empobrecemento da vida cultural e unha limitación do acceso á cultura para o pobo. Así o advirten os últimos informes de organismos oficiais, como o Consello da Cultura Galega (CCG), que cualifica como dramática a situación das artes escénicas, e as propias asociacións representativas dos diferentes sectores, que levan tempo reclamando cambios na orientación da política cultural da Xunta de Galiza.

O BNG reclamaralle ao Pleno a recuperación do Achegarte e que a programación culturais conte con propostas e artistas galegas, sempre contando co tecido sociocultural

Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG reclamará en Pleno que se retome na cidade a gran festa da cultura, o ACHEGARTE, un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e de difusión da cultura , a gran feira para ensinar, promover e vender a nosa cultura. Pedirá, tamén, que a programación municipal se converta no motor que axude a consolidar a cultura máis puxante que neste momento Galiza está a producir e que é recoñecida mundialmente.

As nacionalistas instarán o Goberno do Sr. Negreira a que o Concello da Coruña traballe en sintonía total co potente tecido sociocultural porque se trata da ferramenta inmellorábel para facilitar o desenvolvemento cultural e o crecemento económico e a que as liñas estratéxicas da programación cultural da cidade contemplen como prioritario a contribución á difusión e visibilidade dos produtos culturais galegos. Tamén emprazarán a que se impulse desde o Concello a presenza de propostas culturais galegas nas festas, coa contratación de creadoras e artistas galegas.

O BNG quere que a Xunta convoque un programa que promova a contratación de espectáculos galegos e pídelle que acorde as medidas en materia de cultura cos colectivos interesados

No que ten a ver co Goberno galego, as nacionalistas esixirán que a Xunta de Galiza inicie, con urxencia, un proceso de diálogo cos diferentes sectores e asociacións representativas da cultura galega, para consensuar actuacións en materia de política cultural e que convoque, de xeito inmediato, as diferentes redes de programación para o primeiro semestre de 2013, así como a convocatoria do segundo semestre da programación da Agadic, negociando cos concellos e entidades representativas das artes escénicas e musicais os criterios e requisitos das redes.

Ademais, as nacionalistas queren que a Xunta de Galiza convoque este mesmo ano un programa, en colaboración cos concellos galegos, que promova a contratación de espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música producidos na Galiza e que cree un programa de bono-cultura, que subvencione a compra de produtos culturais producidos no país, coa finalidade de reactivar a compra de produtos artísticos e culturais.

A concelleira do BNG reivindica que "nestes tempos de crise a cultura pode e debe ser o motor que permita crear emprego, e para iso cómpre protexer, impulsar e visibilizar as creadoras". A nacionalista chama a seducir o público para que coñeza a riqueza que abriga o país. "Somos un pobo con cultura de seu, e calquera demócrata estaría empeñado en que toda a cidadanía puidese gozar coa cultura que facemos", salienta.

O BNG solicitará a través dunha moción o apoio do Concello á cultura do país e @s creadores [email protected]