O MINISTERIO PÚBLICO INVESTIGA AGORA TAMÉN AS CONCESIONARIAS, COMO PEDIU JORQUERA QUE FIXESE O GOBERNO LOCAL

Os gravísimos feitos sobre a trama corrupta do STL que denunciou en solitario o BNG motivan a actuación da Fiscalía

Jorquera no debate electoral de Radio Voz
Jorquera, durante o debate electoral en Radio Voz
O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, considera como “feitos gravísimos” os que levan a Fiscalía a investigar as concesionarias dos servizos de limpeza e de recollida do lixo como presuntas cooperadoras dun delito de corrupción dentro do caso STL.
Os gravísimos feitos sobre a trama corrupta do STL que denunciou en solitario o BNG motivan a actuación da Fiscalía

O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, considera como “feitos gravísimos” os que levan a Fiscalía a investigar as concesionarias dos servizos de limpeza e de recollida do lixo como presuntas cooperadoras dun delito de corrupción dentro do caso STL.

“Quero lembrar que no Pleno do pasado 13 de abril, e a iniciativa do BNG, a Corporación aprobou por unanimidade abrir unha investigación interna para depurar as eventuais responsabilidades nas que puidesen ter incorrido as concesionarias”, di Jorquera.

“O BNG foi a única forza política que no seu momento, antes de se producir a investigación policial e xudicial arredor do caso STL, tivo a valentía de denunciar no Concello a existencia de indicios que apuntaban a graves irregularidades no funcionamento dos servizos de limpeza e recollida de lixo. Irregularidades que consistían en que as concesionarias tiñan delegado no STL a política de contratación e promoción do persoal, o que obviamente lesionaba dereitos fundamentais dos traballadores  [aos que se lles chegaba a cobrar mordidas como contrapartida por seren contratados]”, afirma o candidato do BNG.

O Bloque puxo tamén sobre a mesa a existencia de indicios a partir dos cales se podía facilmente deducir que “as concesionarias mesmo chegaron a pactar co STL unha folga encuberta para chantaxear o Concello”.

“Dixemos desde o primeiro momento que, con independencia das actuacións do poder xudicial, o Concello ten que supervisar e tutelar o funcionamento das concesionarias por estas estaren a xestionar un servizo público. Instamos tamén a que o Goberno Local exercerse a potestade sancionadora e que mesmo rescatase as concesións se se demostrase a complicidade das empresas coa trama corrupta”, engade Jorquera. “O BNG, desde logo, comprométese a facelo se a partir do 28 de maio temos responsabilidades de goberno nesta cidade”.

Debate electoral en Radio Voz

O asunto da trama corrupta do STL, coa presunta complicidade das concesionarias agora posta sobre a mesa pola Fiscalía, foi suscitado en solitario polo candidato do BNG á Alcaldía durante o debate electoral organizado por Radio Voz, moderado por Pablo Portabales e que tivo lugar na sede de AFundación.

Até en tres ocasións aludiu Jorquera a este asunto ante o elocuente silencio das outras forzas, e nomeadamente a da candidata do PSdeG-PSOE, Inés Rey, que en ningún momento tomou a palabra para valorar uns feitos que revisten unha enorme gravidade.

"Causa perplexidade [ese silencio] porque creo que hai que estar sempre en contra das condutas mafiosas, polo que teñen de corruptas, sobre todo moito máis cando están introducidos nun servizo municipal contribuíndo a degradación das prestacións que reciben as coruñesas e coruñeses", remarcou.

 

 

 

 

Os gravísimos feitos sobre a trama corrupta do STL que denunciou en solitario o BNG motivan a actuación da Fiscalía