O BNG e Galiza Nova conmemoran na Coruña a Revolución dos Cravos

O BNG e Galiza Nova conmemoran na Coruña a Revolución dos Cravos

A Coruña, 23 de abril de 2013.- O BNG da comarca da Coruña e mais Galiza Nova conmemoran na nosa cidade a Revolución dos Cravos, un acto de esencial actualidade dados os retallamentos que a Troika está a impór en Portugal. A actividade, convocada polas nacionalistas para celebrar o 25 de abril, terá lugar o propio xoves, ás 20h, no local da AC Alexandre Bóveda (rúa Olmos, 16-18, 1º).

O acto, aberto ao público, consistirá na proxección dun vídeo sobre ese episodio histórico "As armas e o povo" e unha charla-coloquio a cargo do escritor Lois Diéguez e militante histórico do nacionalismo. Ao remate, o BNG e Galiza Nova uniranse á Festa dos Cravos en O Alfaiate (rúa San Xoán, 7).

 

O BNG e Galiza Nova conmemoran na Coruña a Revolución dos Cravos