O BNG acusa o PP de tratar de boicotear as mobilizacións contra a estada do Campo da Leña

O BNG acusa o PP de tratar de boicotear as mobilizacións contra a estada do Campo da Leña

A Coruña, 1 decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG critica a actitude antidemocrática do Goberno do Sr. Negreira, que trata de boicotear as protestas convocadas pola asociación veciñal As Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules nas que solicita a retirada da estada situada diante dos edificios 29-30-31 do Campo da Leña. Segundo puido saber o BNG, o Partido Popular púxose en contacto con comerciantes da zona, asegurándolles que o Goberno municipal atendería as súas demandas e que antes do 1 de decembro retiraríase a estada.

As nacionalistas tiveron coñecemento de que o PP convidou os responsábeis dos comercios afectados a manteren unha reunión cunha das concelleiras de barrio do Concello da Coruña, mais excluíndo do encontro os representantes da asociación de veciños e veciñas. Así, no canto de tender pontes coas asociacións veciñais, o Goberno do Sr. Negreira trata de dividir as persoas que reivindican a retirada da estada, cuxo estado é de absoluto deterioramento e que representa un risco para a seguridade da veciñanza.

Ante este intento do Partido Popular de impedir o éxito das mobilizacións convocadas pola AVV As Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, o Grupo Municipal do BNG amosa o seu apoio á concentración organizada pola entidade veciñal para este mércores ás 20.30h diante dos edificios 29-30-31 do Campo da Leña.

O BNG acusa o PP de tratar de boicotear as mobilizacións contra a estada do Campo da Leña