Aproban Xunta e Concello a realización do festival Wake up and Dream nun espazo ambientalmente protexido?

Illas de San Pedro
As Illas de San Pedro
A deputada do BNG no Parlamento galego Mercedes Queixas rexistrou iniciativas na cámara galega -pregunta por escrito e cuestión oral para a súa resposta no Pleno- dirixidas a saber se o Goberno Galego tomou algunha medida para desaconsellar a realización do festival de música electrónica Wake up and Dream no parque de Bens, na contorna das Illas de San Pedro, un Espazo Natural de Interese Local.
Aproban Xunta e Concello a realización do festival Wake up and Dream nun espazo ambientalmente protexido?

Nese ENIL habitan especies de fauna e flora que obviamente se van ver afectadas por una acontecemento musical que vai producir picos de entre 120 e 150 decibelios, argumenta a tamén concelleira. O nivel de ruído é mais que considerábel, tendo en conta que “os durmidoiros de aves mariñas non deben superar os 55 decibelios”.

Alén dos decibelios, acrecenta, a contorna tamén se vai ver atinxida “polas luces que van acompañar este festival” e pola “mobilidade e presenza dos milleiros de persoas que van acudir ao Parque de Bens neses días”.

Na batería de preguntas ao Goberno galego, Queixas quer saber que grao de colaboración ten a Xunta na realización deste evento e como avalía que se vaia realizar “ao carón dun ENIL como son as Illas de San Pedro”.

Inquire a deputada e concelleira se o Concello da Coruña ten comunicado á Xunta o feito de que este acontecemento musical vaia ter lugar nun espazo protexido. “Entende a Xunta que o Wake UP Dreams cumpre co Plan de Conservación do ENIL das Illas de San Pedro?”, interroga Queixas, ao tempo que se interesa por coñecer “que accións vai executar o Goberno Galego para protexer esta contorna e evitar os efectos sobre o medio natural, a fauna e a flora que se deriven da realización do festival”.

Este mesmo asunto foi obxecto dunha pregunta por escrito ao Goberno Local por parte do noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera.

Aproban Xunta e Concello a realización do festival Wake up and Dream nun espazo ambientalmente protexido?