todasascorunas
NOVAS
Propostas de actuación para os Rosais

Propostas de actuación para os Rosais

Presentamos unha batería de iniciativas e propostas tras a visita a este barrio

Percorremos a zona acompañados por varias veciñas e veciños que nos indicaron as principais necesidades e demandas da zona así como a necesaria rehabilitación integral de espazos, rúas e prazas

A visita permitiunos facer un chequeo a fondo dos Rosais e trasladarmos propostas de actuación inmediata: no que ten que a ver con infraestruturas, conservación de vías públicas, parques e xardíns, zonas de xogos e mesmo abandono de determinadas zonas e elementos; con medio ambiente, para a reposición de árbores na praza Elíptica e de actuación para evitar o espallamento do eucalipto no Monte de San Pedro; con deporte, para a reparación do polideportivo dos Rosais etc

Avanzamos xa que tras as visitas deste mes ao barrio da Agra, ao mercado de Santo Agostiño e ao barrio dos Rosais, xa comezamos a tomar boa nota das propostas de investimentos que se deben reservar para os barrios nos próximos orzamentos municipais de 2018

Ler nova
NOVAS
Queremos máis investimentos e máis actuacións na Agra

Queremos máis investimentos e máis actuacións na Agra

Recollemos na Agra do Orzán as demandas e reivindicacións da súa veciñanza

Fixemos esta mañá un percorrido polas rúas deste barrio no que puidemos comprobar a súa situación, participamos da veciñanza das necesidades de actuación inmediata e falamos con comerciantes e praceiras do mercado das Cunchiñas

Recomendamos ao Goberno municipal comezar a visitar máis os barrios e a facer menos publicidade. Na Agra, entre outras moitas actuacións, cómpre aumentar os investimentos e facer actuacións inmediatas nas rúas e nas prazas: sobre a accesibilidade, sobre a mobilidade, reposición e mantemento do mobiliario urbano, esixir que se cumpra o soterramento de cables co que ten que a ver ordenanza municipal de gabias, nas redes de sumidoiros, para a mellora das zonas infantís ou mesmo de apoio ao pequeno e mediano comercio, nomeadamente no mercado da Cunchiñas

Xa avanzamos que ao longo dos próximos días presentaremos unha batería de iniciativas para dar resposta a todas as demandas que hoxe nos trasladaron as veciñas e veciños do barrio

Ler nova
NOVAS
Aprobada en Pleno a nosa moción que solicita instar a Xunta de Galiza dotar de medios ao centro de saúde de Novo Mesoiro

Aprobada en Pleno a nosa moción que solicita instar a Xunta de Galiza dotar de medios ao centro de saúde de Novo Mesoiro

Entre outros acordos aprobouse o instar o Goberno da Xunta de Galiza, a súa Consellaría de Sanidade, a dotar o Centro de Saúde de Novo Mesoiro co cadro de persoal preciso para dar cobertura sanitaria necesaria a todas as persoas da súa área de influencia, neste caso, e canto menos, coa dotación dunha praza máis do servizo  pediatría, a dotación dunha praza de matronaxe, a dotación dunha praza máis de médico de familia, a dotación dunha praza máis para o servizo de enfermaría e a dotación dunha praza máis para os seus servizos administrativos

Ler nova
NOVAS
Reunímonos coa Asociación Veciñal de Monte Alto

Reunímonos coa Asociación Veciñal de Monte Alto

A nosa portavoz Avia Veira e o presidente da entidade Alberte Fernández aproveitaron o encontro para falar sobre a situación xeral do barrio e, de xeito máis pormenorizado, entre outros temas, do convenio anual da biblioteca, de mobilidade, dos solares abandonados, de limpeza e hixiene e da situación na contorna da Torre de Hércules

A suspensión da Comisión de Facenda de onte e que non haxa a curto prazo previsión para a aprobación dos orzamentos de 2017 implica que moitas actuacións e intervencións nos barrios se vexan comprometidas, así como os convenios con entidades, que necesitan que se lles garantan eses ingresos se non queren ver paralizadas as súas actividades. Todo isto son consecuencias de que o Goberno local, malia de laiarse de non ter orzamentos, non ten unha estratexia que implique diálogo e eficacia para levar adiante as contas a estas alturas de ano

Ler nova
NOVAS
O 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas

O 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas

Presentamos esta mañá un informe de seguimento sobre as 57 actuacións anunciadas dentro do Plano de Intervención Urbana para 2016 das cales só 3 foron realizadas integramente

As actuacións anunciadas desde a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á vivenda atendían as áreas, entre outras, de mellora de vías e espazos públicos, mobilidade, accesibilidade, iluminación, saneamento ou rehabilitación, obras necesarias e urxentes, que chegaron a cualificarse como «demandas históricas dos barrios»; preguntámonos porque non se realizaron cando se anunciou a bombo y platillo que ían a ser licitadas e executadas antes de 2017

Consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, e xa co orzamento aprobado, e cuestionamos a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato

Ler nova