Pleno do 4 de xuño de 2020
NOVAS
En resposta ao BNG, o Goberno Local propón abrir unha mesa de traballo sobre o antigo cárcere

En resposta ao BNG, o Goberno Local propón abrir unha mesa de traballo sobre o antigo cárcere

O Goberno Local propuxo este xoves a creación dunha Mesa de Traballo para definir que facer co antigo cárcere provincial, unha vez que o Tribunal Supremo tombase a pretensión de anulación do convenio suscrito en 2005 polo Concello coa Sociedade de Infraestructuras e Equipamientos Penitenciarios (SIEP) e, por tanto, reafirmase que a administración local tería de achegar 1,1 millóns de euros no caso de querer facerse coa titularidade do inmóbel. A acción ante o Supremo foi instada polo propio Concello para tentar deixar sen efecto un convenio asinado polo Goberno de Francisco Vázquez.

Ler novas
NOVAS
O Goberno Local dille ao BNG que estuda a proposta da Xunta sobre o novo CHUAC para ser menos gravosa para o Concello

O Goberno Local dille ao BNG que estuda a proposta da Xunta sobre o novo CHUAC para ser menos gravosa para o Concello

O concelleiro de Economía e Facenda e portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, díxolle esta tarde ao BNG, en resposta a unha pregunta oral formulada por Avia Veira, que o executivo coruñés está a estudar a proposta de convenio feita pola Xunta para a construción do novo CHUAC co obxectivo de “atopar a fórmula” que sexa “menos gravosa” para os intereses do Concello.
Ler novas
NOVAS
O Pleno de xuño aproba as tres mocións do BNG

O Pleno de xuño aproba as tres mocións do BNG

O pleno ordinario do Concello da Coruña deu luz verde este xoves ás tres mocións formuladas polo grupo municipal do BNG que pivotaban sobre medidas de protección para o sector do mar, normalización lingüística e necesaria planificación por parte da Xunta do vindeiro curso académico.
Ler novas
NOVAS
"A Feixóo preocúpalle máis o retorno das verbenas que a planificación da volta ás aulas"

"A Feixóo preocúpalle máis o retorno das verbenas que a planificación da volta ás aulas"

A concelleira do BNG Avia Veira vai defender, no Pleno deste xoves 4X, unha moción a través da cal a Corporación municipal insta a Consellaría de Educación a que planifique xa o próximo curso académico e que o faga con todas as garantías sanitarias, contemplando todos os escenarios (desde o ensino presencial até a docencia on line), contratando máis profesorado e coa diminución da fenda dixital como obxectivo.

Ler novas
NOVAS
Unha moción para o Concello se comprometer co galego e para que inste a Xunta a que mude de política lingüística

Unha moción para o Concello se comprometer co galego e para que inste a Xunta a que mude de política lingüística

O grupo municipal do BNG presentou unha moción para o Concello se implicar activamente na normalización do galego, a impulsar campañas para a súa promoción entre a infancia e a mocidade, e á vez para que o Goberno Local inste a Xunta a que poña en marcha políticas tendentes a lograr a recuperación de persoas galegofalantes.

Ler novas