Normalización Lingüística
NOVAS
O BNG pregúntalle ao Goberno Local cando vai enviar ao Pleno a Ordenanza do Galego

O BNG pregúntalle ao Goberno Local cando vai enviar ao Pleno a Ordenanza do Galego

A concelleira do BNG Avia Veira vai dirixir unha pregunta oral ao Executivo coruñés sobre os prazos que manexa para elaborar unha proposta de ordenanza destinada a impulsar o uso do galego no Concello. A cuestión ao Goberno Local vaina formular a concelleira nacionalista no pleno ordinario que se vai realizar este xoves no Palacio de María Pita a partir das 10 horas.
Ler novas
NOVAS
É moita hora de trasladar o Plan de Normalización Lingüística ao concello!

É moita hora de trasladar o Plan de Normalización Lingüística ao concello!

Os principios básicos do Plan de Normalización Lingüística aprobado por todas as forzas con representación no Parlamento galego (2004) son a oferta positiva e a cortesía. En síntese: a Administración debe dirixirse ás persoas en primeira instancia en galego co obxectivo de incentivar o uso dunha lingua que continúa a sufrir situacións de diglosia (moitas persoas galegofalantes tenden a utilizar o castelán cando entran en contacto con quen se identifica con algún tipo de poder, administrativo ou empresarial).
Ler novas