Imprimir

Ryanair regala billetes desde Alvedro desde María Pita: Para cando o sistema aeroportuario galego?

BNG da cidade da Coruña | 06 de marzo de 2013

A Coruña, 6 de marzo de 2013.- Logo da promoción de voos da compañía aeroportuaria Rynair desde o aeroporto de Santiago de Compostela na Praza de María Pita, as nacionalistas pregúntanse que máis ten que pasar para que o Goberno municipal lle reclame á Xunta de Galiza a creación dun sistema aeroportuario galego que actúe en clave de colaboración, equidade e cooperación, fuxindo da competitividade.

Que pouca credibilidade e respecto debe de ter o Goberno municipal por parte das aeroliñas que, ademais de "dar a espantada", caso de Turkish Airlines e de Air Europa, veñen ás portas da súa casa a promover voos desde o aeroporto de Lavacolla. É tan surrealista que só faltaría que o beneficiado dun deses billetes fose o Goberno do Sr. Negreira, cun voo desde Santiago de Compostela a Londres, ironiza o Grupo Municipal do BNG.

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ryanair-regala-billetes-alvedro-maria-pita-cando-sistema-aeroportuario-galego/20130306195257003966.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal