Imprimir

Primeira reunión da Comisión de Seguimento do Pacto de Investidura entre BNG e PSOE

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 01 de outubro de 2019

Un momento do encontro
Un momento do encontro
O encontro tivo lugar este martes 2 de outubro no salón azul do Palacio de María Pita.

A constitución dunha comisión de seguimento foi un dos compromisos suscritos por ambas forzas no momento de asinaren, o pasado 19 de xuño, o Acordo de Investidura que fixo viábel a escolla de Inés Rey como alcaldesa por parte do pleno da Corporación.

A esta primeira reunión da comisión de seguimento asistiron, polo BNG, Francisco Jorquera e Avia Veira, en canto que a representación do grupo socialista a asumiron José Manuel Lage Tuñas, portavoz do goberno local; Gonzalo Castro, xefe de gabinete da alcaldesa; e Santiago Roura, coordenador xeral municipal.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/primeira-reunion-da-comision-seguimento-do-pacto-investidura-bng-psoe/20191001180646008242.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal