Imprimir

O BNG rende tributo a Moncho Valcarce no seu 27 cabodano

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 31 de xaneiro de 2020

Unha imaxe da homenaxe a Moncho Valcarce de 2018
Unha imaxe da homenaxe a Moncho Valcarce de 2018

A memoria de Moncho Valcarce, o coñecido popularmente como o cura das Encrobas, continúa moi presente na cidade e na comarca. E, como xa é tradición, o BNG vaille render tributo este sábado no seu cabodano, desta volta o 27. Será un acto cívico no Cemiterio de Santo Amaro e contará coa participación da viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Olalla Rodil. A organización do evento vai correr a cargo do grupo de barrio do BNG de Monte Alto.

O legado de Moncho Valcarce (1935-1993) remite para o seu compromiso coa cultura e a lingua do país, mais tamén coa súa base material, coa súa terra, cos dereitos nacionais da Galiza. A súa causa foi sempre a dos sectores populares, como demostrou sobradamente na loita das Encrobas, conflito en que se enfrontou non só con Fenosa senón contra un aparato do Estado herdeiro da Ditadura.

Valcarce —os seus principios, tamén as súas obras é tamén testemuño de que outra Igrexa galega é posíbel, nas antípodas dunha xerarquia eclesiástica historicamente afastada do pobo galego.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-rende-tributo-moncho-valcarce-seu-27-cabodano/20200131130608008453.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal