Imprimir

O BNG presenta unha moción para o concello se posicionar contra a deslocalización de R

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 10 de setembro de 2019

O grupo municipal do BNG rexistrou este martes unha moción para o concello expresar o seu apoio ás traballadoras e traballadores dos servizos auxiliares de R afectados polos planos de deslocalización que manexa a compañía. A iniciativa vaise someter a debate no pleno do vindeiro xoves e vaina defender o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera.

Coa moción o BNG persegue que se garanta que os servizos de operación e mantemento da rede –recentemente adxudicados por R Cable e Euskatel a unha empresa chinesa cuxo centro de operacións se sitúa en Asturias- continúen a seren prestados “desde territorio galego”, a asegurar tamén “que a atención ao cliente se siga dando en galego”.

O Bloque demanda, de por parte, que o goberno municipal se dirixa a R Cable e a Euskaltel para que “senten a negociar coas traballadoras e traballadores afectados e se reverta a situación”. Caso de as compañías non atenderen este requerimento, o goberno local debería “revisar a situación destas empresas como fornecedoras de servizos para o concello da Coruña”.

A pretensión inicial do BNG era que esta moción fose asinada conxuntamente por todos os grupos con presenza en María Pita. As reticencias expresadas por Ciudadanos impediron o acordo e levaron o BNG a que finalmente asuma en solitario a defensa do texto. As nacionalistas confían en obter o apoio da maioría da corporación.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-presenta-mocion-concello-posicionar-deslocalizacion-r/20190910123148008202.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal