Imprimir

O BNG denuncia o reparto da revista "Hola" na carreira da muller

Bloque Nacionalista Galego da Coruña | 20 de setembro de 2014

A Coruña, 20 de setembro de 2014- Segundo puido saber hoxe o Grupo Municipal do BNG, no material entregado as mulleres que se inscribiron na Carreira da Muller, que se vai celebrar mañá domingo repártese o “Hola”. Só unha visión sexista e cargada de estereotipos patriarcais pode entender que as mulleres son as receptoras naturais da prensa “do corazón” , do cotilleo e a banalidade.

O Goberno do Partido entende que existe un cerebro gris, o dos homes e outro rosa, o das mulleres e por iso insulta e vexa a todas as mulleres con este agasallo que é un xeito claro e contundente de camiñar contra a igualdade real de homes e mulleres. Só un discurso decimonónico e a falta de sensibilidade do Partido Popular coas mulleres pode explicar atoparse o “Hola” na bolsa entregada na inscrición na carreira.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/bng-denuncia-reparto-da-revista-hola-na-carreira-da-muller/20140920104852005222.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal