Imprimir

Avia Veira pide que se tomen medidas para evitar demoras na tramitación dos bono taxi

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 15 de novembro de 2019

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber cando vai aprobar a convocatoria das axudas para o transporte en taxi de persoas con discapacidade correspondentes ao próximo exercicio.

Lembra na súa iniciativa a concelleira nacionalista que en 2019 o concello demorou até catro meses en tramitar e resolver as peticións formuladas polas cidadás. E non só iso, a Administración local solicitou a persoas con dificultades de mobilidade que se desprazasen fisicamente ás dependencias municipais para achegaren documentación, a pesar de que as persoas solicitantes autorizaran ao concello a que accedesen aos seus datos en poder doutras administración.

Unha demora na tramitación de catro meses é inaceptábel tendo en conta “o delicado da situación das persoas que padecen discapacidade” e que precisan de ter acceso canto antes a estes bonos para materializar o seu dereito á mobilidade.

É por isto que Avia Veira formula varias preguntas ao Goberno Local, entre elas a de se vai ter en conta “a demora que se produciu o ano pasado desde o remate do prazo de solicitudes até a súa concesión”.

“Que mecanismos para a achega de documentación vai recoller o Goberno Local na convocatoria para evitar situacións acontecidas o ano pasado”, inquire tamén a concelleira.


 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/avia-veira-pide-ao-concello-tome-medidas-evitar-demoras-tramitacion-bono-taxi/20191115140144008336.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal