O poboado lapón volverá custarnos máis de 135.000€

O poboado lapón volverá custarnos máis de 135.000€

LaponiaA Coruña, 16 de setembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o poboado navideño volverá custarnos máis de 135.000 euros, un malgasto de cartos públicos que non crea riqueza de ningún tipo e que non ten ningún impacto no comercio. A documentación publicada no perfil do contratante revela que o contrato para a adecuación da praza de María Pita coa motivación dun poboado navideño, cunha duración desde o 28 de novembro até o 2 de xaneiro, está licitado por 114.950 euros, un 58,33% máis que o prezo de licitación de 2013 que era de 72.600 euros.

O BNG pon de manifesto que o custo total deste poboado será maior, pois nada se di nos pregos da súa dinamización e animación -que o ano pasado valeu 20.490,08 euros-, da publicidade -concepto no que o ano pasado se gastaron 21.628,75 euros para 125 valados exteriores-, da seguridade –cuxo gasto foi de 12.576,35 euros o ano anterior- e outros gastos variados.

As nacionalistas consideran unha obscenidade este gasto dada a situación económica que vive a maior parte da cidadanía e sinala que o Goberno Local insiste na súa política do pouco pan e moito circo e segue a non destinar os cartos ao impulso dos nosos sectores produtivos e á creación de postos de traballo de calidade.

O poboado lapón volverá custarnos máis de 135.000€