O endebedamento por veciñ@ ascende a 393,87 euros á vez que se incrementou a presión fiscal

O endebedamento por veciñ@ ascende a 393,87 euros á vez que se incrementou a presión fiscal

A Coruña, 18 de xuño de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego lémbralle ao Goberno Municipal que a Conta Xeral non sinala que a ratio de endebedamento por habitante sexa de 319 euros, senón que sinala nidiamente que por cada un dos seus habitantes o Concello adebeda 393,87 euros, o que supón un incremento de 1,3% respecto do ano 2012, que era de 388,60.

Alén diso, o BNG tamén lles lembra ao Sr. Coira e ao Goberno Local que a presión fiscal por habitante, segundo a liquidación do orzamento de 2013, acrecentou un 11,8%, e que o pago de promedio de cada habitante da Coruña foi de 622,76 euros (e non 560 euros como sinalou o concelleiro no día de onte), é dicir, 65,64 euros máis que en 2012. O que pon de manifesto que non houbo conxelación fiscal, que subiron os impostos e que a cidadanía coruñesa pagou máis.

O endebedamento por veciñ@ ascende a 393,87 euros á vez que se incrementou a presión fiscal