O BNG propón un ente de xestión aeroportuaria 100% público e galego

O BNG propón un ente de xestión aeroportuaria 100% público e galego

A Coruña, 14 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG rexeita calquera proposta que pase por que empresas privadas xestione Alvedro. Lonxe disto, as nacionalistas propoñen a xestión plena das competencias aeroportuarias por parte da Xunta de Galiza a través dun entre de xestión aeroportuaria 100% público e que rache co modelo centralista actual, do “todo pasa por Madrid”. Así, o sistema aeroportuario galego sería a única solución para garantir a viabilidade de Alvedro e para acabar coa situación periférica dos tres aeroportos.

Nesta liña, o Grupo Municipal BNG propón medidas que favorezan a complementariedade, coordinación e cooperación e non competencia entre os tres aeroportos galegos a través dunha política aeroportuaria galega única dirixida pola Xunta de Galiza e coordinada con Concellos e axentes sociais implicados. Ademais, avoga por conseguir máis destinos, mellores frecuencias e voos máis baratos, á parte de mellorar as carentes conexións terrestres e ferroviarias e de mellorar a coordinación e solapamento das políticas de promoción turística.

As nacionalistas advirten de que o actual modelo aeroportuario é un fracaso e será sempre un fracaso mentres non se xestione desde Galiza un sistema en pé de igualdade para Alvedro, Lavacolla e Peinador.

O BNG propón un ente de xestión aeroportuaria 100% público e galego