O BNG levará á Xunta Electoral a presentación da nova frota de autobuses do Concello da Coruña

O BNG levará á Xunta Electoral a presentación da nova frota de autobuses do Concello da Coruña

A Coruña, 26 de setembro de 2012.- O BNG denunciará perante a Xunta Electoral Central o acto de presentación da nova frota de autobuses da Compañía de Tranvías, da tomou parte o Goberno municipal do Sr. Negreira. O circo mediático celebrado na mañá de onte en na praza de María Pita conculca a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral. O artigo 50, nos seus apartados 2 e 3, é claro ao respecto: "desde a convocatoria das eleccións e até a celebración das mesmas queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusión ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou semellantes ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas concorrentes ás eleccións". Ademais, no apartado 3, indica que "asimesmo, durante o mesmo período, queda prohibido realizar calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos de estes, calquera que sexa a denominación empregada, sen prexuízo de que estas obras ou servizos poidan entrar en funcionamento neste período".

O BNG lembra que os galegos e galegas terán que decidir o futuro de Galiza o 21 de outubro sen seren condicionados con parafernalias institucionais como a de onte. Neste sentido, os nacionalistas solicitaranlle á Xunta Electoral Central que vele pola estricta neutralidade, transparencia e equidade das institucións públicas durante todo o proceso electoral.

Artigo 50 da Ley Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Rexime Electoral Xeral.

  • Los poderes públicos que en virtud de su competencia legal hayan convocado un proceso electoral pueden realizar durante el período electoral una campaña de carácter institucional destinada a informar a los ciudadanos sobre la fecha de la votación, el procedimiento para votar y los requisitos y trámite del voto por correo, sin influir, en ningún caso, en la orientación del voto de los electores. Esta publicidad institucional se realizará en espacios gratuitos de los medios de comunicación social de titularidad pública del ámbito territorial correspondiente al proceso electoral de que se trate, suficientes para alcanzar los objetivos de esta campaña.

  • Desde la convocatoria de las elecciones y hasta la celebración de las mismas queda prohibido cualquier acto organizado o financiado, directa o indirectamente, por los poderes públicos que contenga alusiones a las realizaciones o a los logros obtenidos, o que utilice imágenes o expresiones coincidentes o similares a las utilizadas en sus propias campañas por alguna de las entidades políticas concurrentes a las elecciones.

  • Asimismo, durante el mismo período queda prohibido realizar cualquier acto de inauguración de obras o servicios públicos o proyectos de éstos, cualquiera que sea la denominación utilizada, sin perjuicio de que dichas obras o servicios puedan entrar en funcionamiento en dicho periodo.

  • Se entiende por Campaña Electoral, a efectos de esta Ley, el conjunto de actividades lícitas llevadas a cabo por los candidatos, partidos, federaciones, coaliciones o agrupaciones en orden a la capitación de sufragios.

  • Salvo lo dispuesto en el apartado 1 de este artículo, ninguna persona jurídica distinta de las mencionadas en el apartado anterior podrá realizar Campaña Electoral a partir de la fecha de la convocatoria de las elecciones, sin perjuicio de lo establecido en el artículo 20 de la Constitución.

O BNG levará á Xunta Electoral a presentación da nova frota de autobuses do Concello da Coruña