O BNG leva ao Parlamento a situación de risco acontecida na entrada de Marineda City

O BNG leva ao Parlamento a situación de risco acontecida na entrada de Marineda City

A Coruña, 18 de xaneiro de 2016.- A instancias do Grupo Municipal, o Grupo parlamentario do BNG presentou sendas preguntas relativas á situación de risco acontecida na entrada de porta xiratoria de dispositivo electrónico que da acceso desde a praza principal ao centro comercial Marineda City o pasado 17 de outubro de 2015.

As nacionalistas preguntan sobre o acontecido o 17 de outubro de 2015 cando se produciu un atrapamento na entrada da area comercial

Segundo testemuñas presenciais, que mesmo interpuxeron respectivas follas de reclamación perante a xerencia do centro comercial, durante un período de entre 10 e 15 minutos, a porta xiratoria de dispositivo electrónico de acceso ao centro comercial sinalada non funcionou e deu lugar a un risco potencial por aplastamento das persoas que nese momento se atopaban entrando e saíndo da área comercial.

foto2_taco_porta_marineda_cityUnha das persoas afectadas por este incidente presentou un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior denunciando os feitos, dado que compete á Xunta de Galiza o control de sistemas, as inspeccións e as actuacións dirixidas a velar polo cumprimento de normativas. Porén dende a Xefatura Territorial contestóuselle que a seguridade no centro compete ao Concello, en virtude do disposto no Real Decreto 393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos Centros, Establecementos e Dependencias dedicados a actividades que poidan dar a situación de Emerxencia, derivando ao Concello da Coruña toda a responsabilidade.

É por iso que as nacionalistas trasladan unha batería de preguntas para a súa resposta escrita relativa á seguridade no centro comercial Marineda City de A Coruña. preguntas como se non é competencia da Xunta de Galiza o control de sistemas, as inspeccións e as actuacións dirixidas a velar polo cumprimento de normativas, tal e como recolle o Decreto 171/2010, do 1 de outubro, sobre planes de autoprotección na comunidade autónoma de Galiza, se á Xunta de Galiza é coñecedora a dos feitos que se describen e se realizou algunha investigación, e, en caso afirmativo, cales foron os resultados.

Asemade, outras cuestión que tamén son trasladas na mesma iniciativa son saber por qué as portas de emerxencia laterais estaban pechadas no día en que se produciron os feitos que motivan esta pregunta, se sabe a Xunta de Galiza se existe no centro megafonía centralizada para avisar de incidencias ou emerxencias ou mesmo se a Xunta de Galiza é coñecedora se houbo ou hai programado algún simulacro de evacuación e canto tempo se tarda en evacuar a totalidade do centro.

Por último, o BNG tamén interésase sobre se hai auxilio médico permanente no centro comercial ou se hai disfribiladores no centro, se hai un panel de control central de incidencias onde fiquen rexistradas, canto é o tempo de reacción en caso de emerxencia para a actuación dos bombeiros e das ambulancias e se o centro conta con persoal permanente de seguridade.

 

Preme aquí para ver a iniciativa presentada 

O BNG leva ao Parlamento a situación de risco acontecida na entrada de Marineda City