O BNG alerta do estado lamentábel da fonte da praza de San Paulo

O BNG alerta do estado lamentábel da fonte da praza de San Paulo

A Coruña, 14 de setembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG alerta do estado lamentábel en que se encontra a fonte da praza de San Paulo, perto da igrexa parroquial, despois de que veciñas da zona lles fixeron chegar as súas queixas ás nacionalistas, e solicita a súa reparación inmediata.

Este é un exemplo máis, sinala o BNG, da situación deficitaria en que se encontra parte do mobiliario urbano pola falla de atención do Goberno Local do sr. Negreira e que se pode trasladar aos distintos barrios da cidade, os cales sofren un importante deterioro que requiren de actuacións urxentes.

As nacionalistas denuncian que o Goberno Local lonxe de acometer accións básicas de conservación e mantemento do mobiliario urbano nos distintos barrios da cidade, reduce nun 56% as actuacións da área municipal do servizo de conservación e mantemento segundo o informe de xestión de 2013, e centra a súa atención nos investimentos millonarios na zona da Mariña-O Parrote

O BNG alerta do estado lamentábel da fonte da praza de San Paulo