As actuacións no cárcere non van á raíz do deterioramento que presenta

As actuacións no cárcere non van á raíz do deterioramento que presenta

A Coruña, 5 de xuño de 2014- O Grupo Municipal do BNG lamenta que as reparacións no edificio do antigo cárcere se limiten a actuacións puramente estéticas, como son como a retirada da cerca do muro que rodea o cárcere ou o tapiado das fiestra, e non vaian á raíz dos desperfectos causados polo incumprimento do deber de conservación do inmoble que lle corresponde ao Estado.

O Bloque sempre defendeu que o Estado lle devolvese o edificio á Coruña nunhas condicións óptimas dado o deterioro importante que presenta e dado que o Concello sairía perdendo de non asumir o Estado o custo das obras de reparación e mantemento. O BNG refírese, entre outras, á estrutura das paredes ou á cuberta, que están en malas condicións porque o Estado non cumpriu a súa obriga de conservación.

As actuacións no cárcere non van á raíz do deterioramento que presenta