REXENERACIÓN URBANA

A voltas coas irregularidades a respecto do piso comprado polo Concello da Coruña

Exterior da urbanización na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello
Exterior da urbanización na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello

O Concello non pode aplicar ao chou as bases dun concurso xa que os metros cadrados que debían de medir as vivendas estaban perfectamente recollidos nas bases así como o seu cálculo e o piso da rúa Joaquín Martín Martínez non os cumpría

As bases do concurso sinalan que as vivendas non poderán estar incursas en ningún suposto de infracción urbanística non legalizábel, nin en situación de fóra de ordenación total. O Concello deu por bo un piso rexistrado como oficina e admitiuno no proceso, abrindo a interpretación do termo vivenda xa que se trataba dunha vivenda de facto nunha situación perfectamente legalizábel do que se dá conta nos informes que se recollen no expediente. Agora ben, desde o BNG non estamos de acordo e, así o manifestamos na reunión do mércores 14, con esa interpretación laxa das bases: a literalidade das normas que rexían o concurso sinalaban que o obxecto da compra son vivendas e en todo momento nas condicións que han de ter estas refírese a vivendas, non a pisos ou inmóbeis.

A voltas coas irregularidades a respecto do piso comprado polo Concello da Coruña

En relación ao piso que foi comprado no concurso para a adquisición polo Concello da Coruña de edificios e vivendas, sinalamos que as bases recollen que as vivendas non poderán estar incursas en ningún suposto de infracción urbanística non legalizábel, nin en situación de fóra de ordenación.

O Concello deu por bo un piso rexistrado como oficina e admitiuno no proceso, abrindo a interpretación do termo vivenda, xa que se trataba dunha vivenda de facto nunha situación legalizábel, como se dá conta nos informes que se recollen no expediente e non estamos de acordo, e así o manifestamos na reunión de antonte, con esa interpretación laxa das bases. A literalidade das normas que rexían o concurso sinalaban que o obxecto da compra eran vivendas e nas condicións que habían de ter estas en todo momento refírese a vivendas, e non a pisos nin inmóbeis.

Canto á cuestión da superficie da vivenda, manifestamos a nosa discrepancia absoluta con que o Concello aplique ao chou as bases dun concurso e fai fincapé en que os metros cadrados que debían de medir as vivendas estaban perfectamente recollidos nas bases así como o seu cálculo e o piso da rúa Joaquín Martín Martín non os cumpría.

Neste sentido, sinalamos que a condición décima das bases é absolutamente clara: recolle os metros cadrados útiles que deben ter as vivendas así como as estancias coas que debe contar e os metros cadrados que deben ter os dormitorios. Está clarísimo mesmo o procedemento a seguir no caso de houber discrepancia entre a superficie construída que conste en inscrición rexistral e a que conste no título de propiedade do inmóbel e mesmo que se poderá realizar un cómputo da mesma por parte dos técnicos municipais segundo o Real Decreto 1020/1993. Tamén se recolle nas bases que o cómputo da superficie útil efectuarase de acordo co recollido no artigo 86 da Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación que estabelece que no caso de que non conste fielmente dita superficie aplicarase o índice corrector dun 0,8 sobre a superficie construída.

A cuestión dos metros cadrados non depende da interpretación máis ou menos literal da norma e de se se considera unha vivenda de facto ou de iure senón que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo unha oferta e mercando un piso que non cumpría cos metros cadrados sinalados na condición décima: cousa que puido mesmo influír na libre concorrencia.

 

A Coruña, 15 de febreiro de 2018.