ESTE SÁBADO, NO CIMITERIO DE SANTO AMARO

Tributo a Pedro Galán Calvete, o seu legado antifascista está máis vivo que nunca

Tributo a Pedro Galán Calvete.
Un momento do acto realizado en 2022
Os fascistas arrebatáronlle a vida aos seus 19 anos. O seu único delito, ser un mozo nacionalista, republicano, progresista e demócrata. O seu corpo sen vida apareceu nunha gabia dunha estrada na Corveira (Culleredo).
Tributo a Pedro Galán Calvete, o seu legado antifascista está máis vivo que nunca

Pois, como é tradición, o grupo de barrio do BNG e Galiza Nova da Coruña vanlle render tributo á súa memoria este sábado, a partir das 12 horas, nun acto que terá lugar no cemiterio de Santo Amaro e que contará coa intervención de Anxo Louzao, portavoz da plataforma Vía Galega, e coa música da gaiteira Erea Estévez.

Canda un entusiasta grupo de mozos  -entre eles,  Jenaro Marinhas del Valhe, co paso do tempo notábel dramaturgo-  Galán Calvete foi fundador das Mocedades Galeguistas e precoz colaborador da cabeceira nacionalista A Nosa Terra. E non só iso, senón que tivo tamén tempo para o activismo social como o demostra a súa participación na fundación do Clube do Mar, de cuxa xunta directiva fixo parte.

Contábel na empresa de xabóns “A Toxa”, traballo que compaxinaba cos seus estudos de dereito, mantivo sempre posicións nidiamente anti-fascistas, o que lle valeu o odio dos seus verdugos.

 

 

Tributo a Pedro Galán Calvete, o seu legado antifascista está máis vivo que nunca