ESPOLIO DA CIDADE

Os terreos son do pobo da Coruña polo que non cabe negociar nada

Instalacións da Solana co Hotel Finisterre ao fondo
Instalacións da Solana co Hotel Finisterre ao fondo

Lembrámoslle ao Goberno municipal que no último Pleno aprobouse a moción presentada pola Comisión Aberta do Común na que se esixía a devolución gratuíta dos terreos da Solana/Hotel Finisterre, polo que non cabe ningunha negociación

Na moción aprobada tamén se solicitaba do Goberno municipal, entre outras cuestións, a convocatoria dunha reunión con todas as forzas políticas, sindicais, sociais e a todo o movemento asociativo da Coruña para apoiar esta devolución de balde, a colocación na fachada do palacio de María Pita, como noutras ocasións, dunha pancarta cun lema moi concreto, ou a convocatoria dunha gran mobilización cívica. Xa pasou unha semana desde a celebración do Pleno e o Executivo municipal limitouse unicamente a insistir en chegar a acordos negociados sen a necesidade da poxa. Novamente están a incumprir deliberadamente os acordos que se toman en Pleno

Os terreos son do pobo da Coruña polo que non cabe negociar nada

Despois das declaracións do alcalde tras coñecerse que unha das parcelas, de 380 metros cadrados, que existen nos solares da Solana/Finisterre é de titularidade municipal, e nas que sinala que “confía en chegar a un acordo negociado e que non sexa necesaria a poxa [dos terreos da Solana/Hotel Finisterre]”, querémoslle lembrar que no último Pleno ordinario, celebrado o luns pasado, se aprobou, a petición da Comisión Aberta en Defensa do Común, unha moción defendida polo propio BNG onde se esixía a devolución gratuíta dos terreos da Solana/Hotel Finisterre, polo que non cabe ningunha negociación.

Levamos meses sinalando que con cabe negociar nada coa Autoridade Portuaria, e tras a aprobación da moción presentada no pasado Pleno do luns, a única actuación coherente é só a de esixirlle a devolución gratuíta da Solana e do Hotel Finisterre. Independentemente de que nos solares haxa unha parcela de titularidade municipal, no seu conxunto, todos os terreos dos que estamos a falar son do pobo da Coruña, polo que cremos non só se debe paralizar a poxa, senón anulala definitivamente e se proceda a restituír o apropiado indebidamente”, sinala Avia Veira.

Neste sentido, insistimos en demandar do Goberno municipal o cumprimento dos acordos aos que se chega no Pleno, xa que logo, na moción incluíanse outra serie de cuestións das que aínda o Executivo non fixo cumprimento.

Na moción aprobada tamén se solicitaba do Goberno municipal, entre outras cuestións,  a convocatoria dunha reunión con todas as forzas políticas, sindicais, sociais e a todo o movemento asociativo da Coruña para apoiar esta devolución de balde, a colocación na fachada do palacio de María Pita, como noutras ocasións, dunha pancarta cun lema moi concreto, ou a convocatoria dunha gran mobilización cívica. Xa pasou unha semana desde a celebración do Pleno e o Executivo municipal limitouse unicamente a insistir en chegar a acordos negociados sen a necesidade da poxa. Novamente están a incumprir deliberadamente os acordos que se toman en Pleno”, reclama a concelleira nacionalista.

Por último, tamén animamos a cidadanía a asinar o documento que a Comisión Aberta en Defensa do Común está distribuíndo entre entidades e asociacións da cidade e no que solicita a devolución gratuíta dos solares.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017