APOIO Á CONCENTRACIÓN DAS MARISCADORAS DE A PÉ

A rexeneración da Ría do Burgo fai parte da "axenda galega" que levamos ao Congreso

Avia Veira, durante a concentración
Avia Veira, durante a concentración
A concelleira do BNG Avia Veira estivo presente esta mañá, perante a Delegación do Goberno, na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Ría do Burgo.
A rexeneración da Ría do Burgo fai parte da "axenda galega" que levamos ao Congreso

"Estamos aquí, como sempre, a apoiar as mobilizacións das mariscadoras a pé da Ría do Burgo. Para nós é fundamental que este espazo natural se rexenere, tanto do punto de vista ambiental como económico", afirma Avia Veira, quen remarca que a rexeneración da Ría fai parte da "axenda galega" que o deputado do BNG Néstor Rego está a defender no Congreso.