ALIMENTACIÓN NOS CENTROS DE ENSINO

Reunímonos con Comedores Responsables de Galicia: a aposta pola alimentación de calidade nos centros de ensino

Momento da reunión celebrada esta mañá con Comedores Responsábles de Galicia
Momento da reunión celebrada esta mañá con Comedores Responsábles de Galicia

Recollemos de Comedores Responsable de Galicia as súas demandas a respecto da necesidade da mellora da alimentación infantil nos centros educativos EIM, CEIP e IES

A Plataforma, composta por diversas entidades e asociacións, trasladounos, entre outras, as súas demandas de dotar espazos para cociñas nos centros educativos, a xestión directa destas, o consumo de produtos de proximidade, tempada e ecolóxicos, a educación no coidado na alimentación entre as crianzas, así como a demanda concreta de dotar ao novo centro educativo que se vai construír en Novo Mesoiro dunha cociña xestionada desde o propio centro

Reunímonos con Comedores Responsables de Galicia: a aposta pola alimentación de calidade nos centros de ensino

Vimos de nos de reunir esta maña con Comedores Responsables de Galicia, Plataforma na que participan varias entidades e asociacións radicadas da Coruña, mais con ámbito de traballo na Galiza, e que está a desenvolver unha campaña no conxunto do país a respecto da necesidade da mellora da alimentación infantil nos centros educativos EIM, CEIP e centros infantís e de primaria, e IES.

Deste xeito, a Plataforma trasladounos ao Bloque o traballo que está realizando a respecto da necesidade de ofrecer alimentación de calidade e sa, con menús equilibrados á infancia e con produtos de proximidade, temporada e ecolóxicos e de respecto ao medio ambiente nos servizos de comedores dos centros públicos de ensino.

Asemade, as entidades presentes tamén nos trasladaron a idea que esta iniciativa, alén de partir da necesidade de mellorar a calidade da alimentación infantil nos colexios e institutos, tamén atende á mellora e a o desenvolvemento de microespazos de economía local ao se abastecer de produtores da propia zona onde está situado o centro, así como a xeración de espazos e interrelacións sociais que contarían coa necesaría implicación de profesionais docentes, equipas directivas, ANPAs e produtores agrícolas próximos, e mesmo a implementación nos proxectos educativos da importancia dunha alimentación sa e equilibrada.

Entendemos que a implicación de todos os sectores sociais, incluídos os grupos políticos, neste tipo de iniciativas redundarían na mellora dos servizos que se prestan desde as administracións. Nos últimos tempos temos observado como a externalización dos servizos de comedor, coa contratación de catering e o subministro por empresas de comida nos centros públicos de ensino quedou en entredito. Neste sentido a instalación de cociñas nos centros educativos, con xestión propia e con subministro de proximidade sería unha aposta decidida por parte da Administración e garantiría un servizo de calidade.

Así, unha das cuestións concretas que a Plataforma nos expuxo foi o apoio á demanda da instalación de cociña no novo centro educativo que a Xunta de Galiza ten pensado construír no barrio de Novo Mesoiro.

Levamos anos demandando a construción dun Centro Integrado en Novo Mesoiro, e mesmo presentado xa diversas iniciativas no Parlamento de Galiza e emendas aos orzamentos esixindo a súa execución de vez. E desde logo este centro deberá estar proxectado coas instalacións necesarias para ofrecer os servizos educativos de calidade máximos esixíbeis, polo que a instalación dunha cociña, xestionada polo propio centro, garantiría a continuidade da educación e formación dada as crianzas en relación coa alimentación que actualmente é parte fundamental do proxecto da escola infantil do barrio, algo polo que o BNG aposta.

A Coruña, 20 de abril de 2017