PREGUNTA ORAL NO PLENO DO 16X

Queremos saber cando se vai convocar a Mesa da Mobilidade

A concelleira do BNG Avia Veira vaise dirixir ao Goberno Local no pleno do vindeiro xoves 16X para saber cando ten pensado convocar a Mesa da Mobilidade. Será na quenda de perguntas orais ao executivo que preside Inés Rey.
Queremos saber cando se vai convocar a Mesa da Mobilidade

"Hai máis de dous meses que notificamos ao Goberno Local quen sería o membro do grupo municipal do BNG [ela mesma] que estaría presente na Mesa da Mobilidade, mais esta continúa sen ser convocada", explica Avia Veira.

"Desde o BNG consideramos que as políticas de mobilidade teñen que ser prioritarias na acción do Goberno Local e en particular a reordenación das liñas de bus e a re-implantación do carril bus", engade.

"En materia de mobilidade, nomeadamente no que ten a ver co transporte público, polo momento só coñecemos anuncios por parte do Goberno Local. É o momento de pasar dos anuncios ás medidas concretas, tal e como acordamos co grupo municipal socialista en xuño de 2019 [o Acordo que viabilizou a investidura de Inés Rey], conclúe a concelleira nacionalista.