O pavimento do aparcamento de Catro Camiños necesita unha reforma

Entrada ao aparcamento desde a rúa Fernando Rey con varias lousas soltas
Entrada ao aparcamento desde a rúa Fernando Rey con varias lousas soltas
O pavimento do aparcamento de Catro Camiños necesita unha reforma

Presentamos esta mañá unha batería de preguntas interesándonos pola situación do aparcamento baixo o viaduto de Catro Camiños, establecido neste caso como zona ORA.

Preguntamos ao Goberno municipal pola situación do aparcamento baixo o viaduto de Catro Camiños

Varias lousas soltas que presenta o pavimento do aparcamento de Catro Camiños

Na iniciativa sinalamos que este aparcamento, que dá servizo como espazo de estacionamento para varios barrios e a varias administracións (Catro Camiños, contorna da Igrexa de San Pedro de Mezonzo, contorna de Santa Lucía e contorna da Rolda de Nelle e zona estudantil CEIP Concepción Arenal, IES Fernando Wirtz, servizos do INSS, servizos do Xulgado e Audiencia Provincial e servizos da Dirección Xeral de Tráfico), foi sometido a unhas reformas hai pouco máis dun ano, pero estas reformas supuxeron máis un pintado de cara que unha reforma integral que de xeito efectivo soportara toda a súa circulación viaria e o aparcamento de vehículos, xa que logo esta zona de estacionamento ten unha rotación moi importante, cunha alta cota de uso e tránsito, cun alto fluxo de vehículos e cun uso contrastado ao longo de todo o día.

Ese uso dá lugar a que na actualidade o pavimento estea moi deteriorado, con moitas lousas soltas e supón, para peóns, risco de tropezo e caídas, asemade dunha evidente limitación en accesibilidade, e, para vehículos, un risco de danos en baixos, picadas ou roces nas chapas ou aros.

Presentamos unha iniciativa a respecto deste aparcamento, que presenta un pavimento moi deteriorado e con riscos evidentes para peóns e vehículos, e interesámonos polas medidas que ten pensado desenvolver o Executivo Local para a súa reparación

Entrada ao aparcamento desde a rúa Fernando Rey con varias lousas soltas

Deste xeito, o BNG pregúntalle ao Goberno municipal se ten coñecemento da situación do pavimento deste aparcamento, que medidas ten pensado realizar para o amañar e para cando as vai desenvolver e en que consistirían.

A Coruña, 26 de xullo de 2016