O BNG quer saber como se vai reordenar o mapa de liñas dos buses

Avia Veira
Avia Veira
O BNG quer saber que proxecto de reordenación de liñas de autobús manexa o Goberno Local e por iso a concelleira Avia Veira vai realizar unha pregunta oral ao executivo presidido por Inés Rey no pleno do concello do vindeiro 7 de novembro.
O BNG quer saber como se vai reordenar o mapa de liñas dos buses

A necesaria reordenación das liñas de autobús figura como un dos puntos do documento asinado o pasado 19 de xuño por BNG e PSdeG-PSOE, un acordo que viabilizou a investidura de Inés Rey.

“Potenciar o transporte público é unha peza clave na transformación das políticas de mobilidade que precisa a nosa cidade. Hai que reordenar liñas, reimplantar canto antes o carril bus e aumentar as frecuencias nos servizos de xeito que se adapten aos horarios de entrada e saída dos traballos das coruñesas e coruñeses”, afirma Avia Veira.

O BNG quer saber como se vai reordenar o mapa de liñas dos buses