MERCEDES QUEIXAS, NO MITIN DE ARTEIXO

"A mocidade e as mulleres estamos chamadas a sermos o motor do cambio galego"

mitin arteixo

Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, fixo no serán deste xoves un chamamento a unha "participación masiva" o 12X para que se materialice o "cambio galego" liderado por Ana Pontón.

"A mocidade e as mulleres estamos chamadas a sermos o motor do cambio galego"

Ao PP moléstanlle as campañas. Feijóo aceptou participar nun único debate en prime time e negouse a un cara a cara con Ana Pontón. O PP teme o libre contraste de ideas, entre outras cousas porque é un proxecto esgotado que xa no ten nada que ofrecer á sociedade galega", dixo Queixas durante o mitin realizado en Arteixo, un acto político en que estivo acompañada polo portavoz local Xurxo Couto, Xosé Luís 'Mini' Rivas, número 2 da candidatura do BNG pola Coruña, e pola portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda.

"O BNG, en troca, si se sente cómodo facendo campaña. E nesta estamos claramente indo a máis. Estámolo vendo nas rúas, nos encontros sectoriais, nos mitins. Estamos vendo como medra a corrente de simpatía cara ao Bloque Nacionalista Galego. Moita xente a se dirixir a nós, a nos dar azos, a nos dicir que faltan menos días para termos unha presidenta nacionalista e feminista por vez primeira na historia", dixo Queixas.

 

arteixo 2"Se este 12X todas as persoas que amamos este país nos mobilizamos e votamos BNG estaremos a apoiar a única forza que ten as mans libres para gobernar e que ten a cabeza e o corazón no País", engadiu.

"Se nos mobilizamos todas e todos, seremos quen de facermos historia en irmandade e de convertermos Ana Pontón na primeira muller presidenta da Xunta de Galiza", enfatizou. "Fago un chamamento a unha mobilización masiva, un chamamento especialmente dirixido á mocidade e ás mulleres. Mocidade e mulleres estamos chamados a ser o motor do cambio galego".

"Permitídeme aquí que lembre os versos de Torneiro e diga canda el: teñamos o valor de darnos o futuro", concluíu.

 

"A mocidade e as mulleres estamos chamadas a sermos o motor do cambio galego"