AGRELA

A mobilidade tamén a exame no polígono de Agrela

De esquerda a dereita, Teresa Firvida, Xerente de Agrela, José Antonio López, Presidente de Agrela, Manel Méndez, Resp. Local do BNG, Avia Veira, Portavoz Municipal do BNG e Xulio López, vogal de Agrela.
De esquerda a dereita, Teresa Firvida, Xerente de Agrela, José Antonio López, Presidente de Agrela, Manel Méndez, Resp. Local do BNG, Avia Veira, Portavoz Municipal do BNG e Xulio López, vogal de Agrela.

Coincidimos xunto coa Asociación de Empresarios de Agrela en sinalar que a mobilidade é o principal problema na actualidade no Polígono

Mantivemos  esta mañá unha xuntanza coa entidade empresarial na que avaliamos as propostas presentadas polo nós aos orzamentos do Concello a respecto da habilitación dun espazo de aparcamento en Agrela e a rehabilitación integral de pavimentos e beirarrúas no conxunto do polígono, e que finalmente foron rexeitadas polo Goberno municipal

Desde o BNG entendemos que unha proposta integral en mobilidade e accesibilidade para Agrela, na que se garantan servizos de transporte público con maiores horarios, frecuencias e liñas, na que se dea solución ás necesidades de aparcamento habilitando zonas novas, e na que se  reurbanicen os espazos públicos, beneficiaría ás traballadoras e aos  traballadores do polígono e facilitaría un efecto chamada a outras empresas redundando nas potencialidades do polígono

A mobilidade tamén a exame no polígono de Agrela

Vimos de manter  nesta mañá unha xuntanza coa Asociación de Empresarios de Agrela na que avaliamos as propostas presentadas por nós aos orzamentos do Concello a respecto da habilitación dun espazo de aparcamento en Agrela e a rehabilitación integral de pavimentos e beirarrúas no conxunto do polígono, e que finalmente foron rexeitadas polo Goberno municipal.

Deste xeito, a xuntanza, celebrada no propio polígono, serviu para que tanto nós como a entidade empresarial coincidiramos en sinalar que o principal problema que hoxe en día afecta a esta zona da cidade é a mobilidade.

Tanto a proposta de habilitación dun espazo para o aparcamento, que nos cuantificabamos en 200.000 euros, como a proposta de rehabilitación das beirarrúas e calzadas no polígono, que canto menos na nosa emenda se pretendía de medio millón de euros, partían de achegas que persoas traballadoras do polígono nos transmitiran durante o proceso de elaboración de propostas aos orzamentos do Concello para 2018. Pódese comprobar facilmente, todos os días, a necesidade de actuación en todo o polígono, que lembramos, acolle a case 20.000 traballadoras e traballadores.

Neste sentido, na reunión tamén se expuxo a necesidade de facilitar ao conxunto de traballadoras e traballadores do polígono alternativas ao coche privado e que reduciran o volume de transito que hoxe en día se dá para a zona, apostando por un servizo de transporte público colectivo que comunicara ao conxunto do polígono e, a este, cos distintos barrios da cidade, e mesmo pola habilitación de viarios de uso peonil xa que logo son distintas as zonas de Agrela que están incomunicadas e que supoñen un risco para a integridade física das persoas ao transitar por elas.

Asemade, a Asociación coma nós coincidimos en sinalar que calquera proposta en materia de mobilidade e de accesibilidade que se realizaran, ademais de contar con todas as partes implicadas, administracións públicas, empresarios e traballadoras e traballadores, debería ser global e integral, atendendo aos fluxos circulatorios, ás horas punta e aos horarios da maioría das empresas.

Desde o BNG entendemos que unha proposta integral en mobilidade e accesibilidade para Agrela, na que se garantan servizos de transporte público con maiores horarios, frecuencias e liñas, na que se dea solución ás necesidades de aparcamento habilitando zonas novas, e na que se  reurbanicen os espazos públicos, beneficiaría ás traballadoras e aos  traballadores do polígono e facilitaría un efecto chamada a outras empresas redundando nas potencialidades do polígono.

 

A Coruña, 27 de febreiro de 2018